Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos denunciar o novo “sablazo” que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela lles vai a dar a todos os veciños e veciñas de Burela.
O equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela ven de aprobar no último Pleno Ordinario un incremento das taxas e impostos municipais (excepto o IBI que seguro que rondará un incremento do 10%), dun 1,5% contradicindo ós seus ministros de Madrid (Montoro e De Guindos) ós que se lles enche a boca con satisfacción cando anuncian que o IPC do ano 2013 quedará por debaixo do 1%.
O equipo de “desgoberno” de Burela en contra do seu programa electoral, e sen compaixón polos veciños e veciñas ós que lles custa chegar a fin de mes, fai unha subida xeralizada de impostos e taxas sen discriminar esta subida, sen diferenciar entre veciños que ó mellor teñen a posibilidade de soportar mellor esta carga impositiva, dos que se atopan nunha situación delicada e que teñen que cadrar os seus números moi moito para chegar a fin de mes.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela vemos moi necesario facer unha revisión das taxas e impostos municipais que faga que os que máis teñen paguen máis, e os que menos teñen colaboren dentro das súas posibilidades nas aportacións en forma de impostos.
Unha vez máis se o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela lles da as costas os veciños e veciñas que máis o precisan cunha subida de impostos un 50% superior ás previsións que dende o propio Partido Popular en Madrid están anunciando, e celebrando.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



