Cervo, 19 de outubro de 2013-O Concello de Cervo incorporou durante os meses de setembro e outubro catro novos estudantes ao programa de bolsas formativas dirixido aos mozos e mozas titulados. Deste xeito, dende a posta en marcha deste plan de fomento do emprego xuvenil no mes de xullo deste ano, son 10 os bolseiros que se beneficiaron desta iniciativa. Ao mesmo tempo, dende o departamento de Emprego, que dirixe Yolanda Pedreira, informan de que en novembro novos estudantes disporán de bolsas formativas a través deste programa.
En concreto, os catro últimos titulados que accederon ás bolsas formativas están desenvolvendo tarefas no Arquivo do Concello de Cervo, no Punto de Atención á Infancia e nas empresas Topcad Ingeniería e Agrocosta SL.
Este é o primeiro ano que o Concello de Cervo pon en marcha esta medida de apoio á xuventude formada que realiza a través dun convenio de colaboración con FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega). Esta entidade encárgase do proceso de selección e contratación dos bolseiros mentres a administración cervense ocúpase de financiar as bolsas, ao 100% no caso dos titulados que desenvolven as súas prácticas en departamentos do Concello, e ao 50% no caso de aqueles que o fan en empresas privadas, que son as que deben achegar o 50% restante.
Nesta ocasión, o Concello destinou 35.000 euros a esta iniciativa, pero xa traballa na dotación dunha partida nos orzamentos de 2014, que previsiblemente será máis elevada para atender á demanda de bolsas. Unha medida coa que se pretende “facilitar formación e experiencia nun campo de traballo real aos nosos titulados universitarios e de FP como paso previo á súa inserción no mercado laboral” explica Pedreira.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



