Santiago, 24 de novembro de 2013.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra preguntaron este xoves se os socialistas da Mariña están a favor de paralizar os principais investimentos da Xunta na nosa comarca.
A pregunta xurde despois de que o Goberno da Deputación de Lugo, conformado por PSOE e BNG, anunciase onte que ten previsto solicitar a retirada e rexeitamento dos orzamentos da Xunta para 2014 o que suporía frear os importantes investimentos que as contas autonómicas contemplan para a nosa comarca.
Os populares queren saber se o PSOE é favorable a que se paralicen obras da importancia do acceso ao porto de Burela, a ampliación do Hospital da Costa, o tramo autonómico da vía de alta capacidade da Costa –corredor-, a residencia de Foz ou o emisario de Ribadeo, entre outras actuacións, todas elas con consignación orzamentaria expresa nas contas do Goberno galego para o ano próximo.
CON BESTEIRO CHEGOU A DESCORDINACIÓN
Para os deputados populares no PSOE da comarca están moi descordinados cos seus compañeiros na Deputación ata o punto de que chegan a pedir en Lugo unha cousa contraria ao que demandan na Mariña. Atribúen esta situación tan confusa á chegada de Besteiro á secretaria xeral socialista e lembran que este tipo de cousas non acontecían cando o seu xefe de filas era Pachi Vazquez.
Os populares din que o PSOE non pode pedir en Lugo que se retiren os orzamentos e se incrementen as partidas en materia de gasto social e emprego sen explicar que partidas reducirían e insisten en que de facelo, baleirarían de orzamento das principais infraestruturas e obras previstas para o ano próximo na comarca e no conxunto da provincia.
O DOBRE DE INVESTIMENTO QUE EN 2009
Balseiro e Martínez-Sierra lembran, en todo caso, que en 2014 o gasto social será dez puntos superior ao previsto en 2009 polo bipartito, e que 8 de cada 10 euros do orzamento para o ano próximo están destinados a sanidade, educación e benestar, unha cifra histórica.
Finalmente os deputados populares amosan a súa perplexidade ante as críticas do PSOE tendo en conta que en 2014 o investimento da Xunta na provincia é o dobre do que prevía o bipartito no seu último orzamento. Así mentres que o ano próximo a Xunta popular achegará 728 euros por lucense, en 2009, co bipartito na Xunta esta cifra era da metade: 374 euros. Un esforzo inversor moito maior dos populares pese a que en 2009 o orzamento total da Xunta era 10.581M€ mentres que agora este é de 8.391M€


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



