Lugo 17 de outubro de 2013.- A voceira do PP na Deputación Provincial de Lugo, Elena Candia, xunto co alcalde de Burela, José María González Barcia, e o presidente do PP local, Jesús López Penabad, úrxenlle este xoves á Xunta de Galicia que inicie de xeito inmediato os trámites para a declaración BIC (Ben de Interese Cultural) de pezas da colección de Álvaro Gil, como é o torques de Burela.
Os populares insisten na necesaria rapidez desta xestión despois de ter constancia hoxe polos medios de comunicación de que a Deputación Provincial de Lugo vén de poñer data aos herdeiros de Álvaro Gil para que retiren a colección.
Dado que o goberno bipartito provincial non está a ser quen de chegar a un consenso cos familiares de Álvaro Gil para que se manteña o patrimonio na provincia; os populares diríxense á administración autonómica para que esta denominación BIC sexa un engadido protector a diferentes pezas da colección de Álvaro Gil.
Que supón a denominación BIC?
A consecuencia da denominación dun ben como BIC conleva que este sexa de dominio público, distinguindo dominio público de propiedade privada; é dicir, un particular pode ser propietario dun BIC, pero a Administración protexerá o valor artístico, histórico e espiritual do ben.
Do mesmo xeito, necesitaranse autorizacións para calquera obra ou modificación; será obrigatorio facilitar inspección, visita pública e investigación; e terá privilexios fiscais, así o dono dun BIC pode recibir axudas para o seu mantemento, restauración, etc.
A maiores os bens BIC son inseparables do seu entorno e inexportables, isto inclúe os bens mobles, que é ilegal sacalos do país.
Seis anos e ningunha solución
Os populares lamentan que o actual goberno bipartito da Deputación Provincial de Lugo durante seis anos non fose quen de chegar a un consenso coa familia de Álvaro Gil, para a preservación deste legado.
Ata o punto de que, segundo lembran dende o GPP, pasados tres meses dende o coñecemento da sentencia do Tribunal; o PSOE e o BNG deron a calada por resposta e non realizasen ningún tipo de xestión para garantir a continuidade das pezas no museo provincial.
A tardanza na xestión e a mínima implicación do presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, poden provocar que Lugo se quede sen estas pezas de valor patrimonial, ademais de con 600.000 euros menos nas arcas municipais dado o pago das cotas xudiciais.
Neste senso, o GPP esixe que se continúen coas negociacións e se evite que as pezas terminen fóra da provincia.
Un presidente, centro na súa proxección
O Grupo Provincial do Partido Popular en reiteradas ocasións se veu obrigado a solicitar información sobre como se atopa a situación do proceso das pezas de Álvaro Gil, ata o punto de verse obrigado a pedir por rexistro a celebración dunha xunta de portavoces, e ter constancia hoxe a través dos medios de que a Deputación pon data a familia para retirar as pezas do museo.
Neste senso, os populares tamén pediron en varias ocasións a implicación do presidente provincial que se amosa “máis interesado pola súa proxección persoal, que por dar solución aos problemas que afectan á provincia”, matizan.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular explican que non se pode consentir que Lugo siga sen presidente e sen un equipo de goberno que amosou unha absoluta incapacidade ante os asuntos relevantes na provincia.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



