O forte vento reinante non foi obstáculo para que este pasado domingo se deran cita no Concello de Xove máis de medio millar de persoas (entre participantes e público) na I CARRERA POPULAR SOLIDARIA DE XOVE.
Organizada polo C.N. XOVE e coa colaboración de Fundación Alcoa, o Concello de Xove, Coca-Cola, Supermercados Eroski, Coviran de Xove e Distribuciones Carreiras.
A partir das 10:00 h. a praza deste concello mariñán empezou a ambientarse e coller cor con deportistas de todas as idades e o numeroso público que se acercou á carreira. Pouco a pouco as mesas habilitadas para recoller os productos doados quedaron pequenas tendo que colocalos arredor. Isto di moito da solidariedade dos mariñáns e que constatou o éxito desta parte do evento. A parte deportiva non lle foi á zaga, con preto de 300 deportistas vidos de toda a Mariña, A Coruña, Asturias e incluso de fora das nosas fronteiras coa participación de dous mozos da República Checa. A competición empezou cos máis peques guiados por unha “simpática pingüina” que, a duras penas, puido entrar na meta por diante dos novos atletas.
Sucesivamente deuse saída ao resto das categorías acabando coa entrega de medallas aos tres primeiros de cada categoría e trofeo ao máis novo e ao máis veterano dos participantes. Estes premios foron entregados por D. Manuel Otero (Cadramón) Xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Lugo; D. Demetrio Salgueiro, Alcalde do Concello de Xove; Jesús Gomez Peña, representante de Alcoa; Cristina Iglesias Concelleira de Deportes e Turismo do Concello de Xove, e as adestradoras do Club Leticia González e Mirta Escuredo.
A iso das 13:30 horas a praza foi quedando baleira cos voluntarios recollendo todo “o desplegue” e deixando a zona como facía unhas horas.
Unha vez máis quedou demostrado que esta comarca ademais de bos deportistas ten bos cidadáns.