O EFEGA FORMACION S.D. Ribadeo caeu pola mínima na casa fronte ao terceiro clasificado da categoría, o San Xoán Xuvenil por un axustado 3-4, na cuarta xornada da Liga de Terceira Nacional.
O equipo Ribadense a punto estivo de levarse un partido difícil contra un dos equipos máis fortes da liga.
Gran actuación do xogador local Raúl Barcia que se anotou os seus dous encontros e que leva un bo arranque de tempada anotándose 5 dos 8 encontros disputados. A falta de adestramento durante o verán de Diego e Javier estase acusando en momentos clave dos partidos.
26/10/2013, 17:00 EFEGA FORMACIÓN SD Ribadeo – San Xoán Xuvenil
Xogador A: Raúl Barcia ; Jugador B: Diego Pérez. ; Jugador C: Javier de Burgos
Dobres: Javier de Burgos y Raúl Barcia
Resultados: 3-0, 0-3, 0-3, dobres 3-0, 3-1, 0-3, 0-3. Resultado definitivo 3-4.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
