O eurodeputado socialista e membro da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Antolín Sánchez Presedo, lamentou o voto favorable da Eurocámara ao Acordo Pesqueiro entre a UE e Mauritania, e instou ás autoridades comunitarias a “traballar desde hoxe mesmo por un novo Protocolo distinto e satisfactorio”.
Trala votación, o eurodeputado socialista enumerou os problemas que presenta o actual Protocolo e que foron o motivo do seu rexeitamento. En primeiro lugar, as restritivas condicións económicas e técnicas; y, en segundo lugar, a expulsión da flota cefalopodeira europea de augas mauritanas, “con gran impacto en Galicia e Canarias”, sinalou.
Así mesmo, lamentou que durante os últimos meses de negociacións non se corrixiran os “enormes desequilibrios” sen os cales, -engadiu- “o acordo non é aceptable”.
A este respeto, censurou que o Protocolo sacrifique inxustamente á flota cefalopodeira galega, e advertiu do traumático impacto económico e social para Galicia, “xa que se obrigou a amarrar numerosos buques que, inxustamente, perderon toda oportunidade de faenar na zona”.
Sánchez Presedo cualificou, tanto o Acordo como as condiciones nas que se negociou de “pouco transparentes, desproporcionadas e lesivas”. “A flota europea representa apenas o 6% das capturas de polbo e non compite coa flota artesanal mauritana”, explicou. Igualmente denunciou o trato inxusto aos barcos europeos, “pese á súa expulsión, outras flotas industriais continúan faenando, a porcentaxe de capturas accesorias de cefalópodos aumenta e tamén o fan as importacións procedentes de aguas mauritanas”.
Na súa opinión, “son moitas as razóns que o actual Protocolo non é beneficioso nin para a UE nin para Mauritania, xa que afasta as relacións pesqueiras con Mauritania da senda da sostibilidade”.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



