Táboas no derbi galego disputado no pavillón municipal de Lugo onde o Azkar Lugo e o Burela Pescados Rubén empataron a tres nun intenso partido. Como era de esperar, o derbi tivo todos os ingredientes propios destes envites.
Durante o primeiro período os transportistas manexaron mellor o ritmo do partido pese ao bo inicio laranxa que se viu truncado co tanto de Chano. O 1-0 afianzou a confianza do cadro local mentres que o Burela non lograba atopar a súa mellor versión aínda que dispuxo de oportunidades para empatar.
Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación os de Juanlu comezaron a dominar con maior claridade. Christian asinou o empate pero acto seguido o Azkar golpeou de novo por mediación de Chano. O 2-1 fixo dano na moral laranxa durante uns minutos pero a reacción mariñá non tardou en chegar. Matamoros rubricou o empate a dous cun golazo marca da casa que levantou dos seus asentos á numerosa afección laranxa presente nas gradas do municipal.
A raíz do 2-2, os mariñaos incrementaron o seu dominio ante un Azkar que se aferraba ao contragolpe como a súa mellor arma. As ocasións eran burelesas pero o acerto na definición tinguíase de azul. Tras unha dobre oportunidade visitante chegou o 3-2 por mediación de Antonio Diz. Con cinco para o final o Burela Pescados Rubén debía repoñerse, outra vez, dun marcador adverso.
O acoso burelés obtivo o seu froito gracias á inspiración goleadora de Christian, autor do empate a tres final. Nos últimos instantes do partido Óscar Iglesias e Hugo foron expulsados pero o reparto de puntos foi inalterable.
Ficha técnica
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Diego Nuñez, Antonio Diz, Alex Diz, Jandri –cinco inicial- Mendiola, Aranburu, Cuco e Chano.
Burela Pescados Rubén: Edu, Hugo, Antoñito, David, Matamoros –cinco inicial- Mimi, Iago Míguez, Christian e Juanma.
Goles: 1-0, m.4, Chano; 1-1, m.24, Christian; 2-1, m. 25, Chano; 2-2, m.27, Matamoros, 3-2, m.35, Antonio Diz; 3-3, m.37, Christian.
Árbitros: Gutiérrez Lumbrera e Lope Díaz. Amosaron cartón amarelo a Diego Nuñez do Azkar e a Mimi e Antoñito do Burela. Expulsaron con cartón vermello directo ao meta transportista Óscar Iglesias e a Hugo nos mariñaos.
*Fotografía: pronelugoad.com




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
