Talía Teatro achega o sábado 12 de outubro ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro ‘O método Grönholm’ a partir das 20.30 horas. A proposta de Galcerán, para adultos, é portadora dun corrosivo compoñente crítico disfrazado de ideoloxía neoliberal, dunha carga de cinismo nada despreciable e dunha impresionante capacidade para xogar “perigosamente” con cousas serias co mesmo talante que se estivese xogando á brisca ou ás prendas. O método Grönholm é un xogo, si. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Tal vez, un xogo un pouco perverso, pois as emocións e os sentimentos das personaxes son manipulados e sacudidos sen pudor nin compaixón algunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



