Mondoñedo, 5 de outubro de 2013. A comisión das Feiras e Festas San Lucas de Mondoñedo 2013 presentou os carteis das festas para esta edición 857, que como cada ano realiza o artista mindoniense Xose Vizoso. A partir deste luns, día 7, comezase a repartir os programas de man pola cidade.
Este ano forman parte da Comisión os concelleiros Modesto Díaz, Elena Freire e Elena Candia, ademais do Presidente da Comisión Miguel Souto, Miguel García, Miguel Paz, Waldo González, Manuel Tapia, María José Oriola, Marisol Piñeiro, Bea, Nati Arias e Gervasia.
O cartel das Orquestras esta composto polos grupos Charleston e Claxxon, dia 17. O día grande, o 18, actúan Cinema e Gran Parada, ademais dos concertos da Praza da Catedral de Budiño, e o grupo Di Elas que lidera Luis Tosar. Para o día 19 están previstas Tekila e Filadelfia xunto co encontro folclórico. O último día, o 20 poñen o broche de ouro a estas festas Palladium e Paris de Noia.
Reserva de entradas
Ademais este ano actúan no Auditorio o cantante ferrolán Andrés Suárez o sábado día 19, ás 20.00 horas. E o actor, director e monologuista Carlos Blanco actuará o domingo día 20, á mesma hora. As entradas para estes eventos teñen que reservarse no teléfono 608 876 123.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



