O hotel restaurante Voar, de Ribadeo, continúa ofrecendo unha nova proposta gastronómica nesta zona: a semana da faba e o cachopo, que remate este domingo 27 de outubro. As xornadas inclúen, con prezos especiais, catro pratos diferentes con fabas (fabada asturiana, fabas con ameixas, con centola e con chocos) e cinco preparacións distintas de cachopo (cachopín de tenreira, cachopo de porco ibérico con cecina e queixo de cabra, de tenreira, de pescada e de rape). A cociña do restaurante Voar decidiu dedicar estas xornadas ás fabas e ao cachopo porque “estamos en otoño y en esta época del año a la gente le apetece comer platos contundentes; y además la faba está en plena temporada”. Ademais, o restaurante Voar mantén a súa carta de temporada, segue ofrecendo suxerencias diferentes e tamén o seu interesante menú do día.
Xornadas da faba e o cachopo no Voar
Xornadas da faba e o cachopo no Voar
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba