Lugo, 22 de novembro de 2013. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, o delegado de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, comprometeu o apoio da Vicepresidencia da institución, e en concreto da Área de Turismo que dirixe, ao Plan Dinamizador Turístico de Ribadeo, co que se pretende converter o municipio en referente cultural, turístico e gastronómico ao mesmo tempo que se busca actúe como dinamizador da actividade comercial e de servizos de toda a comarca da Mariña.
A área de Turismo da Deputación apoiará, cun investimento de 22.000 euros, ao Concello de Ribadeo neste obxectivo sufragando os gastos derivados deste programa de actividades co que tamén se trata de converter ao municipio nun lugar dinámico así como potenciar os recursos locais, consolidando o incremento da oferta turística e de ocio que se puxo en marcha nos últimos anos e que está orientada a ofertar uns servizos de calidade para que os visitantes permanezan máis tempo no municipio incrementando o seu gasto.
Mario Outeiro explicou que “este proxecto encaixa perfectamente coa política turística da área de Turismo da institución provincial que busca desestacionalizar e diversificar os fluxos turísticos, crear unha imaxe dinámica da provincia e de cada unha das súas comarcas e organizar e pór en valor actos que sirvan para atraer novos visitantes. Este programa consolidará actividades de ocio e gastronómicas que se levan celebrando desde hai tempo pero que cada vez atraen a máis visitantes”.
Entre esas actividades destacan ‘Ribadeo de Tapeo’, unha cita gastronómica imprescindíbel e pioneira na comarca ao redor de pratos realizados cos mellores produtos da Mariña Oriental cociñados a mans dos profesionais da zona. ‘Ribadeo de Tapeo’ chega á súa oitava edición e nela participarán 55 establecementos de hostalería e restauración do municipio e, como en edicións anteriores, dinamizará o sector terciario.
Outra cita ineludíbel que se consolidará grazas a este convenio de colaboración que se aproba hoxe entre a Vicepresidencia da Deputación Provincial e o Concello de Ribadeo é a Festa do Percebe, que enxalza un dos produtos do mar máis sobresaíntes da gastronomía ribadense e o traballo das percebeiras. Esta festa gastronómica é considerada xa como unha importante fonte de ingresos para Rinlo, en canto o número de turistas que se despraza até a zona para disfrutar desta cita é cada vez maior.
O ‘Mercado do Nadal’ é a terceira das actividades de ocio e económicas que inclúe o Plan Dinamizador Turístico de Ribadeo; con esta cita divúlgase e difúndese a artesanía de Ribadeo. Segundo explicou Outeiro, “é unha tradición que nos dous últimos anos está a recuperar o éxito de ventas e de público. Ademais, con esta iniciativa estase a recuperar o antigo mercado de Nadal e nela participan artesáns de toda Galiza e de Asturias tanto dos sectores agroalimentarios como manufacturados exaltando o labor e a calidade do seu traballo e das súas creacións”.
Estas actividades completan outra serie de actuacións na mesma liña pero que parten de que Ribadeo conta co segundo enclave turístico máis visitado de Galiza, a Praia das Catedrais, e que require diversificar a oferta de ocio para ofrecer mellores e máis completos paquetes aos visitantes para que permanezan en Ribadeo e noutros concellos da Mariña. A este respecto, Outeiro lamentou que “á marxe da administración local, a Deputación sexa a única institución que aposta polo coidado, conservación e potenciación deste enclave natural esquecido pola Xunta e o Goberno central”.
O Club Náutico de Portomarín a concurso público
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial tamén aprobou o procedemento de adxudicación e os pregos técnicos e administrativos da área recreativa de Portomarín, situada no concello que leva o seu nome.
Mario Outeiro explicou que con este concurso público “preténdese redefinir o papel e as funcións que deben cumprir os clubs náuticos en relación á oferta turística do concello e a súa comarca de referencia. Como se establece nas bases do concurso público, a parte de valorar a oferta económica valoraranse dous aspectos novidosos neste tipo de adxudicacións e que están vinculados á proposta de actividades turísticas complementarias, xa que estudos turísticos están a relevar a importancia de que a oferta turística concreta vaia acompañada dun programa de actividades complementarias en canto son estas as que fan que os viaxeiros permanezan máis tempo no lugar de destino”.
“Para fomentar o turismo –continuou Outeiro- é indispensábel que este club náutico traballe como auténtico punto de información turística e se converta en escaparate de todo o que pode ofrecer Portomarín. Este procedemento que se inicia sitúase na aposta da área de Turismo polo turismo fluvial na Ribeira Sacra onde o número de usuarios usuarias das diferentes embarcacións incrementouse un 23 por cento a pesar da diminución do número de visitantes que rexistrou o país”.
Neste senso, o delegado de Turismo concluíu que “desde a Deputación seguirase apostando por este tipo de turismo e a proba é o incremento de 400.000 euros do gasto turístico previsto nos orzamentos para o vindeiro ano con respecto a 2013”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



