A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, ofreceu este xoves novidades sobre as 10 liñas de creación de emprego da institución na provincia. García Porto adiantou, en primeiro lugar, que o organismo lugués amplía a 500 persoas a formación gratuíta do Fórmate en Verde, o plan de emprego que contribúe a inserción laboral en profesións de futuro, como son a agricultura e a gandería ecolóxica, así como o sector forestal, ó tempo que fixa poboación no rural. Hoxe mesmo, ábrese o prazo de solicitudes para 10 novas accións formativas gratis e abertas a todos os cidadáns na web www.deputacionlugo.org.
920 persoas xa se beneficiaron do Fórmate en Verde, e están agora recibindo asesoramento personalizado para a creación de empresas ou cooperativas vinculadas ós sectores agropecuario e forestal logo de rematar coa formación práctica das 41 accións formativas nas que participaron. É dicir, con este incremento, a Deputación forma gratis a 1.420 persoas sobre profesións de futuro coas 51 actuacións que inclúe este plan de emprego.
A nova programación, con 10 accións formativas, distribúese do seguinte xeito: 4 cursos sobre gandeiría, con formación especializada sobre o sector vacún; 2 sobre agricultura, para mellorar os resultados das colleitas ou a produción vinícola; e 4 sobre o sector forestal, para o aproveitamento dos seus recursos, contribuíndo, ademais, a un modelo de xestión sostible con, por exemplo, acción formativas sobre a plantación de soutos en espazos abandonados e, posteriormente, recolleita e comercialización da castaña.
58 bolsas de emprego para mozos
García Porto ofreceu novidades sobre outra das 10 liñas de emprego da Deputación na provincia, concretamente, sobre as bolsas de emprego para mozos lucenses. A Deputada adiantou que mañá a Xunta de Goberno Provincial resolverá o proceso de selección de novas becas Leonardo da Vinci, que permitirán a 58 mozos lucenses desempregados, con titulación universitaria e Formación Profesional, mellorar a súa formación en prestixiosas empresas europeas para, posteriormente, contribuír a súa inserción laboral en España. “É un viaxe de ida e volta. Melloran a súa formación para traballar no noso país”, destacou.
Orzamento 2014
A Deputada avanzou que, tamén este venres, o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, presentará na provincia o Orzamento da institución para 2014, “que novamente estará totalmente vinculado ó emprego, ó igual que este ano”. García Porto subliñou que no presuposto para 2013 xa se incrementou nun 63% a partida para fomento do emprego.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



