A Federación de Comercio da Mariña arranca a súa andadura cun concurso para a creación do seu logo.
Os participantes deberán enviar as súas creacións reflexando nun logo, ao seu parecer, o que debería de transmitir e as señas de identidade da Federación de comerciantes que abarca toda a Mariña. As bases pódense consultar nos seus perfiles sociais de Facebook e Twitter “A Mariña Comercio”.
Poderanse presentar ata un máximo de 3 propostas por participante, se ben, so poderá ser premiada unha delas.
Poderanse entregar as creacións de varias formas:
1.- Por correo electrónico a amarinafederacionlugo@gmail.com
2.- A través do perfil social da Federación no Facebook e no Twitter, A Mariña Comercio.
O prazo de entrega iniciarase o martes 19 de novembre de 2013 ata o 30 de novembro de 2013 ás 12:00 horas.
O fallo do xurado realizarase o luns 2 de decembro de 2013 e os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, innovación, calidade artística e a mellor forma de plasmar o que representa a unión de todos os comercios da Mariña nun único ente.
Terase en conta na valoración o total de votos “Gústame” do facebook, pero non será criterio definitivo de elección do gañador.
O premio serán 300 euros en vales de compra para gastar en calquera comercio asociado ás ACIAS que forman a Federación: Ribadeo, Foz, Lourenzá, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



