Grupo Municipal Popular do Concello de Burela.- O PSOE de Burela anuncia unha reunión con asociacións que non teñen recibido subvencións por parte do Concello de Burela. Non nos parece nin ben nin mal. E de paso aproveitan para criticar o reparto das subvencións. Aquí xa pecan de cínicos e de hipócritas. E esto é así por varias razóns:
1 .- Foron o PSOE e o BNG os que retiraron dos presupostos municipais de 2009, 2010 e 2011 as subvencións “oficiais” a asociacións e colectivos. Retiráronas todas. Todas, menos tres subvencións, e as tres nominativas. Resulta cando menos cínico e hipócrita pola súa parte criticar agora a quen fai o que eles non foron capaces de facer.
2 .- A concelleira que nos deleitaba con books fotográficos pagados por todos os veciños, a Sr. López Villar, como delegada do Mar, tivo a osadía de retirar a aportación anual de 12.000’00€ que o concello daba, desde 1998, á Fundación EXPOMAR; sí, a mesma que organiza a Feira Expomar, Produart, e outras actividades. E o Sr. Llano mirando para outro lado, como de costume. Logo falan do Barco Museo e tal… Esta aportación foi recuperada inmediatamente polo goberno municipal do PP. Resulta cando menos cínico e hipócrita poñerse a larear sin moito xeito cando se debería exercer o principio da prudencia.
3 .- A Deputación Provincial de Lugo, na que gobernan PSOE e BNG, concede abondosas subvencións nominativas. E os socialistas de Burela non protestan, nin os do BNG. E deixan sen subvencións asociacións e colectivos a esgalla. Facer nunha administración unha cousa e criticar a mesma noutra, cando menos é cínico e hipócrita.
4 .- No seu día, xa se explicaron os criterios de concesión. Non é lóxico, máis ben sería discriminatorio, que a un colectivo que estivo recibindo certa axuda do concello por algunha vía se lle dea tamén unha subvención económica. Por poñer un exemplo, o Buril fixo unha actividade no recinto portuario en setembro; pois ben, quen tramitou, e pagou, a ocupación do espacio portuario foi o Concello, e non foron precisamente cen euros. Por certo, resulta chocante que certos colectivos falen agora e calaran daquela cando PSOE e BNG retiraron as subvencións. Pero son mui libres de facelo, por suposto.
5 .- O Goberno municipal do PP recupera este ano en boa parte a concesión de subvencións… E os socialistas e os nacionalistas, que lles negaron o pan e o sal durante tres anos ós colectivos e asociacións retirando como queda dito as subvencións, son os que agora, con enorme cinismo e absoluta hipocresía, poñen o berro no ceo e critican que o Goberno municipal do PP faiga o que eles non foron capaces a facer. Máis cinismo e hipocresía, imposible, tendo en conta que o PSOE no seu programa electoral das municipais calaba a boquiña sobre as subvencións a asociacións e colectivos.
6 .- Xa estamos acostumados ó cinismo e á hipocresía dos socialistas. Non nos sorpende. Nin neste nin noutros asuntos. Alá eles. O PP dixo no seu momento que ía recuperar as subvencións, e cumpliu o que dixo. E tamén dixemos que seguramente non serían as cantidades qué a nos nos gustaría conceder e ós colectivos recibiri, pero na situación na que estamos, aí están. Eso é innegable e agora vamos tentar mantelas para o vindeiro ano, o que precisará dun novo esforzo por parte de todos. Nese esforzo, os colectivos e asociacións non precisarán do PSOE.
Grupo Municipal Popular do Concello de Burela.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



