A sesión deste venres da Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobou o proceso de resolución de 58 bolsas de emprego para mozos lucenses desempregos con titulacións universitarias e de Formación Profesional co obxectivo de mellorar a súa formación en prestixiosas empresas europeas para, posteriormente, contribuír á súa inserción laboral en España. “É unha viaxe de ida con volta”. O luns, publicarase a listaxe de beneficiados na páxina web da Deputación e no taboleiro de anuncios da institución, abrindo un prazo de 5 días naturais para que os mozos presenten a documentación corresponde e iniciar a selección das empresas onde se formarán durante 3 meses. Serán entidades de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast, Cork, Irlanda, Módena e Lisboa. Estarán especializadas nos sectores de medioambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo, ciencias da vida e audiovisuais que son, precisamente, as titulacións dos mozos beneficiados. A Deputación, ademais de xestionar os lugares de formación, tamén asume os gastos de aloxamento e das viaxes con 309.000 euros de fondos europeos, supoñendo un custe cero para os rapaces.
“As becas Leonardo da Vinci son unha das 10 liñas de creación de emprego da Deputación na provincia. Ofrecemos xa 128, 70 o ano pasado e 58 este anos. Para o 2014, contamos con outras 50. Polo tanto, sumamos, polo de agora, 178 becas Leonardo da Vinci para mozos lucenses desempregados”, destacou o voceiro.
II Mercado de Nadal
Logo do éxito do primeiro Mercado de Nadal, que estreou a institución o ano pasado e no que participaron 20 artesáns e produtores lucenses que, no seu conxunto, acadaron beneficios de 25.000 euros, a Xunta de Goberno acordou a reedición desta iniciativa. Martínez avanzou que “hoxe aprobamos esta nova convocatoria, así como as bases para a selección de participantes, ó tempo que abrimos, dende xa, o prazo de presentación de solicitudes. Os artesáns e produtores autóctonos de Lugo, ós que vai dirixida esta iniciativa, teñen toda a información no taboleiro de anuncios da Deputación e na web www.deputacionlugo.org. Dende hoxe mesmo, poden formular a súa inscrición para participar no II Mercado de Nadal, Merca o Teu”.
Outros acordos
A Xunta aprobou a desestimación da solicitude sobre a revisión dunha finca expropiada para as obras de mellora na estrada San Cristóbal-Adaia-LU-106, no Concello do Corgo, tendo en conta “a vindeira execución destes traballos, unha vez que as dispoñibilidades orzamentarias no lo permitan, de feito xa as incluímos no Plan Complementario do POS 2013 cun presuposto 1,3 millóns de euros; para as que xa expropiamos 100 fincas, investindo case 400.000 euros; e para as que estamos redactando un proxectos conxunto, que o PP deixou desglosado, sen terreos e sen cartos”, explicou Martínez.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



