Lugo, 2 de novembro de 2013.- A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha o operativo do Plan de Vialidade Invernal na provincia de Lugo, que “ata o mes de maio servirá para reforzar a seguridade viaria” na rede de estradas de titularidade autonómica na provincia de Lugo.
Así o indicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que revisou en Lugo parte do operativo impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), para garantir a circulación nas estradas autonómicas existentes na provincia durante os seis próximos meses.
Arias, acompañada polo xefe territorial de CMATI, José María López Vega, e o xefe do servizo de Infraestruturas, Gerardo Pallares, reuniuse tamén co persoal da centro-base de mantemento do departamento autonómico en Lugo. Durante a visita, a máxima representante do Executivo galego na provincia subliñou que a consellería “mantén no presente ano o mesmo nivel de dotación de medios mecánicos e físicos que no exercicio anterior”.
Así, un total de 18 máquinas quitaneves están xa activas para actuar nas estradas autonómicas da provincia de Lugo. Catro destas máquinas están dotadas de esparexedores de salmoira, un fundente líquido constituído por unha solución salina que ofrece mellores resultados para actuar na prevención da formación de placas de xeo, sendo tamén máis respectuoso co medio ambiente.
Para o presente ano, estarán tamén en funcionamento, catro plantas que servirán para a fabricación e abastecemento de salmoira para o operativo do Plan de Vialidade Invernal. Así mesmo, mantéñense os 11 silos de sal distribuídos estratéxicamente pola xeografía da provincia, dando lugar a que a operativo autonómico para a provincia conte cun total de 15 depósitos dos distintos produtos empregados para manter a vialidade na rede de estradas.
O silos de sal están situados no Corgo, Pedrafita, Xermade, A Pastoriza, Quiroga, Begonte, Castroverde, Chantada, O Incio, e dous na Fonsagrada. Con este reparto, “preténdese gañar en operatividade, chegando canto antes aos puntos que presenten algunha dificultade para o tráfico, pero tamén procurar a eficiente distribución do material”, segundo expuxo a delegada. A meirande parte dos silos teñen capacidade para albergar 60 toneladas de sal, aínda que algúns poden acoller ata 100 toneladas.
O departamento autonómico de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inviste preto de un millón de euros neste operativo especial de inverno para o mantemento das condicións de circulación nas estradas lucenses de titularidade autonómica, incluíndo tamén neste investimento o custe previsto para o subministro de sal, tomando como referencia datos dos últimos anos.
As cifras da presente campaña revelan tamén que o plan alcanza á totalidade da rede viaria da Xunta na provincia, isto é, 1.500 quilómetros, e implica a arredor de 70 traballadores. Ademáis dos traballadores propios do departamento autonómico, dúas empresas cobren este servizo, incluído nos respectivos contratos de conservación integral. A efectos de contratar a prestación deste servizo, a rede de estradas provinciais dividiuse en dúas áreas, norte e sur, separadas figuradamente pola estrada N-VI -entre Guitiriz e Lugo- e a estrada de Fonsagrada –dende a capital cara ao límite da provincia-.
O obxectivo do Plan de Vialidade Invernal é reforzar a seguridade viaria das estradas fronte ás inclemencias climatolóxicas propias do inverno, ofrecendo unha resposta inmediata e eficaz mediante a retirada da neve ou a distribución de sal cando as condicións así o requiren.
En todo caso, realízanse constantemente accións preventivas, aínda que a estrada se atope aparentemente libre de xeo ou neve. As máquinas dispoñen dos correspondentes sistemas de empuxe para a neve (en forma de cuña e folla) e de esparexedores de fundentes.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



