Ribadeo, 12 de novembro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo recolleron xa máis de 500 sinaturas contra os continuos cortes na subministración eléctrica que se rexistran na localidade e para demandar un servizo digno.
Todas aquelas persoas que queiran deixar as súas sinaturas e apoiar a carta que ACISA lle remitirá á Consellería de Industria para denunciar esta situación e para demandar que dende a Xunta se controle o servizo que presta Begasa, a empresa subministradora, poderán facelo achegándose polas oficinas de ACISA, que están situadas, na segunda planta do nº 20 da Avenida de Galicia. Ademais, se queren saber aqueles outros puntos aos que dirixirse para asinar poden obter máis información chamando ao 982 120 565, en horario de oficina.
Dende a directiva de ACISA fan “una llamada a toda la población de Ribadeo para que participe en esta campaña de recogida de firmas. La unión hace la fuerza y para muestra un botón. La plataforma de afectados por los abusos de mercado eléctrico de A Mariña ha conseguido que el Valedor do Pobo se haya hecho eco de sus denuncias y que éstas lleguen ante el conselleiro de Industria para que proceda a la apertura de un expediente de actuaciones previas, tras las quejas remitidas por los cambios de contadores que se han efectuado en los últimos meses”. ACISA añade que “esto es un ejemplo de lo que las asociaciones y los vecinos, unidos, podemos conseguir”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo prepara unha nova charla xunto á plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico para analizar cuestións coma os contadores, a carta que o Valedor do Pobo dirixiu a este colectivo, os cortes na subministración eléctrica que se producen en Ribadeo e as posibles indemnizacións ás que optar se no se cumpren cos mínimos esixidos.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



