A Asociación de Veciños O Tesón convoca unha asamblea xeral extraordinaria que terá lugar no restaurado local do lavadoiro (rúa dos Fornos) o sábado 30 de novembro de 2013 ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que previsiblemente non se fará por falta de quorum).Os puntos previstos na orde do día son: lectura e aprobación se procede, da acta anterior; memoria de actividades e balance económico do ano ata o presente; próximas actividades e previsións de ingresos e gastos e rogos e preguntas.
Asamblea O Tesón
Asamblea O Tesón
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura