O Nadal xa está en marcha en Begonte. E son xa 42 os anos nos que o Centro Cultural José Domínguez Guizán acolle o Belén Electrónico que fora impulsado por José Rodríguez Varela e que se conserva no Museo do Belén.
Este ano, será inaugurado o sábado 7 de decembro despois dunha misa na igrexa parroquial de Begonte que se celebrará a partir das seis da tarde en memoria dos socios e amigos do Belén xa falecidos. Posteriormente, o avogado vilalbés Domingo Goás Chao, primeiro avogado español que representou a España no Tribunal de Estrasburgo de Dereitos Humanos, pronunciará o pregón antes da actuación da Coral Polifónica Vilalbesa dirixida por Uxío García Amor.
Certames
A programación cultural que acompaña ao Belén de Begonte consta dos xa tradicionais certames de arte, poesía, xornalismo e debuxo infantil que alcanzan os 38 anos, a excepción do primeiro que cumpre 24 neste ano.
Precisamente o Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” premia con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos a obra pictórica seleccionada polo xurado especializado entre as recibidas antes das doce do mediodía do mércores 25 de decembro. Cada autor, que debe ser un pintor galego, poderá presentar un máximo de dúas obras de temática libre e cun tamaño máximo de 1,5m por 1m.
Así mesmo, o Centro Cultural “José Domínguez Guizán” tamén convoca, co patrocinio de Novacaixa Galicia, o Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal no que poden participar todos os poetas que o desexen, con textos en galego ou en castelán. O tema dos traballos será o Nadal, dende calquera punto de vista. Concederanse dous preios dotados con 600 e 300 euros con estatuíña de Sargadelos. A remisión de orixinais farase por triplicado ao Centro Cultural de Begonte (Lugo) antes das doce horas do 6 de xaneiro.
En canto ao XXXVIII Certame Xornalístico “Begonte e o Nadal”, poderán tomar parte neste certame os que publiquen, en calquera xornal, revista ou en internet, en lingua galega ou castelá, algún traballo ou serie de traballos sobre calquera tema que faga referencia ao Nadal en Begonte e, en xeral, ao Nadal en Galicia. O prazo de entrega remata o 6 de xaneiro ás doce do mediodía. Establécense dous premios para os que se consideren os mellores traballos dotados con 600 e 300 euros máis estatuíña de Sargadelos.
Co patrocinio de Caixa Rural Galega, e co fin de potenciar o espírito do Nadal nos nenos, tamén se convoca o XXXVIII Certame de Debuxo Infantil sobre “O Nadal” ao que poden concurrir todos os nenos a través dos seus colexios en dúas categorías: A (ata os 10 anos) e B (de 11 a 15 anos). Así, en cada unha delas, haberá tres primeiros premios dotados con 60 euros e trofeo, cinco segundos dotados con 30 euros e trofeo. Os traballos deberán ser presentados en cartolina cun tamaño entre medio e un folio. A admisión de orixinais, cun máximo de 25 traballos por centro e categoría, rematará o 24 dedecembro.
Exposición e clausura
Cara finais de decembro, o luns día 30, inaugurarase na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo a exposición de pintura coas obras presentadas ao XXIV Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” que será trasladada á Casa da Cultura de Begonte o martes 14 de xaneiro. E, este ano, cos traballos premiados na pasada edición dos certames de xornalismo e poesía sobre o Nada editarase o libro ‘O Nadal’.
As actividades do XLII Belén de Begonte daranse por concluídas nun acto que terá lugar o sábado 25 de xaneiro a partir das cinco da tarde no Centro Cultural coa actuación da agrupación da Asociación Músico Crisanto e as Escolas Municipais de Música de Begonte e Rábade, dirixida por Armando Morales. Ao longo desta xornada, tamén se fará entrega dos premios dos diferentes certames culturais.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



