O restaurante San Miguel, de Ribadeo, comienza este venres 15 de novembro unha nova edición das súas xornadas gastronómicas dedicadas aos calamares da ría e o rape, que se desenvolverán ata finais deste mes. Durante estes días ofrece varias preparacións elaboradas con estes dous produtos do mar a prezos reducidos ademais dun menú degustación con dous pratos de calamares (calamares con fabas de Lourenzá; arroz negro de calamares; calamar á prancha), outros dous de rape (sopa de rape e marisco; carpaccio de rape e lagostinos; rape con ameixas en salsa verde, tronco de rape ao modo de As Catedrais e a caldereta de rape, ameixas, lagosta e nécoras), sobremesa e bodega por 35 euros persoa. O xerente e cociñeiro do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, decidiu organizar un ano máis por esta época estas xornadas porque “son dous productos do mar que gustan a moita xente e é interesante ofrecelles elaboracións diferentes ás habituais sen esquecernos das que xa son máis tradicionais. Ademais as anteriores edicións destas xornadas tiveron moi boa aceptación”. O restaurante San Miguel mantén tamén a súa ampla e varida carta que ven de renovar recentemente. A reserva de mesa pode facerse no propio establecemento ou chamando ao 982 129 717.
Calamares da ría e rape no Restaurante San Miguel de Ribadeo
Calamares da ría e rape no Restaurante San Miguel de Ribadeo
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura