Maria Luisa Piñeira Núñez.- Estimado Sr. Alcalde de Foz,
O venres viña conducindo e escoitando as noticias de Radio Foz nas que ocupaba un lugar destacado a celebración de Plenos Extraordinarios en distintos municipios da Mariña, entre eles o noso. Dende entón non deixo de facerme varias preguntas ás que seguramente vostede me poida responder.
Canto custa un Pleno Extraordinario da Corporación Municipal?
Esta é a primeira pregunta que me fago dende que a través dos medios de comunicación me decato de que o pasado xoves, 21 de novembro, se celebraron Plenos Extraordinarios en todos os Concellos da provincia gobernados polo PP para protestar contra un plan de emprego da Deputación de Lugo.
A segunda: Por que se celebra un Pleno Extraordinario no Concello de Foz o xoves 21 cando o próximo xoves 28 de novembro hai Pleno da Corporación Municipal?. Por que tanta présa e urxencia en toda a comarca e provincia para convocalos ese día en concreto?
Pensemos que a grandes rasgos para que estes Plenos se celebrasen houbo que redactar a convocatoria e entregala a cada un dos Concelleiros e Alcaldes que teñen que asistir, tamén temos que contar co Secretario e co Interventor (os cales loxicamente cobran esas horas de traballo), redactar a orde do día e celebrar o Pleno. Canto suma todo isto? PAGAR, PAGÁMOLO OS CIDADÁNS.
Agora uns piden que o PP asuma os gastos, outros moi cristiáns eles doan os seus ingresos por asistencia a pleno a Cáritas. Deste modo todos os veciños poden sentir que fixeron unha obra de caridade posto que ese diñeiro é de todos eles, claro que ninguén lles preguntou que opinan. De todos os xeitos paréceme unha boa idea, supoño que considerarán facelo non só nesta ocasión, sería un bonito xesto que todas as súas dietas por asistencias a Plenos e Xuntas de Goberno fosen doadas, viríalle moi ben a Cáritas. Sería interesante que llo comentase ao seu Equipo de Goberno para ver si se suman a esta iniciativa de aquí a finais de lexislatura.
Nestes tempos de “máxima austeridade” non acabo de entender porque se malgasta o diñeiro de todos nós para estas historias, que vistas dende fóra parecen máis unha campaña propagandística do PP en contra do que supoñen candidato á Xunta de Galicia que unha acción para defender os intereses dos seus veciños.
Pidan vostedes en Pleno un novo plan de emprego que inclúa os municipios de máis de 5.000 habitantes sen organizar estas “Maniobras Extraodinarias”. E por favor INSTEN (encántame esta palabra) ao Goberno da Xunta de Galicia, que recordemos é o que ten as competencias, para que tamén faga plans de emprego, aumente as partidas destinadas a loitar contra o paro na comarca e xa de paso para que Cáritas necesite cada vez menos axudas.
E o que me preocupa no fondo é: será esta a última vez?, estamos ante unha nova “estratexia electoral” dos nosos políticos?, é legal usar o diñeiro público para este tipo de convocatorias? … Por certo, de quen foi a idea?
Usar o poder que lle confiren os cidadáns para malgastar os recursos públicos do Concello en campañas publicitarias partidistas como esta, que parece feita máis para que o Sr. Balseiro ataque ao Sr. Besteiro que para defender os intereses do pobo, é cando menos vergonzoso e dun “extraordinario” cinismo.
Agradecéndolle de antemán a súa atención, despídese atentamente.
Unha veciña e cidadá de Foz cun cabreo “extraordinario”.
Maria Luisa Piñeira Núñez.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



