Cervo, 19 de novembro de 2013-A Concellería de Cultura, que dirixe Begoña Alonso, convoca por segundo ano a Larpeirada de Ourizo de Outono, un concurso gastronómico de sobremesas a base de castañas aberto ao público en xeral. Un certame que se desenvolverá o próximo sábado pola tarde e que ademais inclúe outros actos relacionadas coas castañas.
Para participar, as persoas que o desexen deberán presentar unha sobremesa ou larpeirada que teña como elemento principal este froito do outono. Todos os demais ingredientes (sempre que o resultado sexa doce) así como o deseño, o tamaño ou calquera outro detalle quedarán á elección dos cociñeiros. Cabe destacar que só se poderá presentar un prato por persoa.
A recepción dos postres terá lugar ás 16:30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura. A partir dese momento un xurado degustará e valorará as sobremesas que entren no concurso, para o que terán en conta a dificultade na elaboración, a orixinalidade, a presentación ou o sabor, entre outras calidades. Os membros do xurado terán que elixir os tres mellores pratos, que recibirán unha figura conmemorativa. A entrega de premios será ás 18:00 horas no mesmo lugar onde se desenvolve o concurso.
Ademais, durante o acto farase entrega dos premios aos gañadores do II Concurso de debuxo infantil “A Castaña”, e ao remate ofrecerase un magosto popular na prazoleta.
Unhas actividades incluídas no programa Pasatempos de Outono e coas que o Concello pretende “potenciar la creatividad culinaria de los cervenses a través de un fruto típico gallego de temporada que además es muy versátil” explica a edil. Alonso convida á cidadanía a que participe e “comparta sus recetas con los demás”. O ano pasado, na primeira edición, foron cinco as sobremesas que concorreron http://ow.ly/qY2Xn , polo que o Concello agarda que nesta segunda ocasión se incremente o número de participantes.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



