A Irmandade San Caetano e o Colectivo Cultural Ollomao colaboran co Proxecto Teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo na posta en marcha do ciclo de teatro “Escena en Barreiros”. Dende este domingo, 10 de novembro e en catro fins de semana continuadas terán lugar distintas representacións teatrais tanto do panorama aficionado como do profesiona. A primeira obra corre a cargo do grupo de teatro Nostrum Cai, coa obra “Radio Universo” e terá lugar no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros este domingo ás 7 da tarde. O domingo 17, Ardora Teatro actuará á mesma hora en Celeiro de Mariñaos coa obra “Acernos” e neste mesmo lugar estará o sábado 23, ás 8 da tarde, a actriz Isabel Risco presentando “Nabiza Girl” e “Unha viaxe espazial”. O peche do ciclo terá lugar no Centro Social de Cabarcos o día 1 de decembro, ás 7 da tarde, da man do Grupo de Teatro de Ribadeo coa peza “Os putativos”. Todas as obras están dirixidas a todos os públicos e a entrada será gratuita.
Ciclo de teatro en Barreiros do 10 de novembro ao 1 de decembro
Ciclo de teatro en Barreiros do 10 de novembro ao 1 de decembro
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia