A CIG-Saúde denuncia que o SERGAS está actuando con “compracencia e pasividade” e esixe o rescate do servizo Ibérica de Mantenimiento, empresa adxudicataria do servizo de electromedicina está a incumprir, segundo a CIG-Saúde, “todos e cada un dos apartados do prego de prescricións técnicas e da oferta”, tanto no referido a persoal, como a tempos de resposta. Isto está a provocar que centos de citas sexan anuladas por problemas cos equipos. Ante isto, a CIG-Saúde denuncia a pasividade do SERGAS e exixe o rescate do servizo.
O pasado 20 de xuño adxudicóuselle a Ibérica de Mantenimiento S.A, o servizo de mantemento integral de equipamento electromédico e outro equipamento, por un período de tres anos e catro meses. Este contrato consta de 6 lotes que se corresponden coas Áreas de Xestión Integrada da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e X.A.P. de Vigo.
A CIG-Saúde asegura que a empresa está a incumprir todos e cada un dos apartados do prego de prescricións técnicas e da oferta. Respecto do capítulo de persoal, denuncia que dos 91 postos ofertados, a día de hoxe non teñen cuberto o 60%. Respecto dos tempos de resposta sinalan que non se corresponden para nada coa oferta mesmo naquelas situacións críticas; non cobren o servizo as 24 horas; carecen de medios materiais; non teñen ao día a relación de equipos; non cumpren o plan de mantemento preventivo; non hai constancia de que realicen mantementos preventivos técnicos legais; non fan os mantementos correctivos; incumpren os prazos para a substitución de equipos; non teñen a disposición do SERGAS os equipos ofertados para substituír en caso de avaría e non instalaron o sistema informático, como se recolle na oferta.
A CIG-Saúde afirma que desde finais de setembro na maioría dos hospitais, os servizos de radioloxía, endoscopias, diálise e esterilización estanse vendo obrigados a anular centos de citas porque os equipos (mamógrafos, ortopantógrafos, equipos endoscópicos, equipos de raios X) non se están a reparar nin son substituídos nos prazos estabelecidos.
A isto engade que nos hospitais comarcais –Hospital da Costa, Xunqueira, O Barco, Verín, Monforte, Barbanza- non hai presenza de persoal en horario de máxima actividade, véndose afectados os bloques cirúrxicos.
Respecto de Santiago, denuncian que hai graves problemas cos respiradores de UCI e REA e tamén problemas coas camas eléctricas e en canto á Área de Vigo, subliñan que en Atención Primaria hai moitos problemas cos equipos dentais, situación que tamén está obrigando a anular citas.
Na maioría dos hospitais, “é imposíbel, desde os servizos, pórse en contacto coa empresa fóra do horario de mañá para dar avisos de avarías malia o compromiso de presenza as 24 horas”, engaden.
A CIG-Saúde afirma que a falta de control é tal que o SERGAS descoñece a existencia de contratos de mantemento, en vigor, de equipos con terceiras empresas que a adxudicataria do servizo de electromedicina se adxudica como traballos realizados. “Séguense facendo contratos de equipos con terceiras empresas, malia estar xa incluídos no contrato de electromedicina. Pagamos dúas veces polo mesmo servizo. Isto é a realidade dunha situación esperpéntica que está levando á ruína á sanidade pública en beneficio de intereses privados”.
A CIG-Saúde denuncia que o que se fixo foi desmantelar un servizo público que funcionaba perfectamente, con custes reducidos, profesionais moi cualificados, con experiencia e unha calidade na asistencia inmellorábel. “Uns profesionais que coñecían á perfección o estado dos equipos e das instalacións e que agora se están a deteriorar, porque a empresa adxudicataria non fai as reparacións perceptivas argumentando obsolescencia de xeito que se aforra o custe destas reparacións. Isto implica que o SERGAS se verá abocado a repor equipos cuxa vida útil non rematou”.
Para a CIG-Saúde este é un exemplo claro de que “as privatizacións non teñen como obxectivo a mellora dos servizos nin o aforro económico, senón o afán do goberno do Partido Popular por privatizar a sanidade pública entregándoa a empresas privadas para facer negocio coa saúde dos cidadáns”.
Por iso reitera a súa denuncia pola “compracencia e pasividade do SERGAS” diante dos incumprimentos reiterados desta empresa e exixe que se rescate este contrato e o devolva á situación anterior”.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



