Riotorto, 29 de novembro de 2013.- Logo das publicacións da mañá deste xoves, o presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, puxo de manifesto que quedan totalmente confirmadas as sospeitas e alertas que viña facendo o seu partido con respecto a residencia.
“O señor Estoa vendeu ao noso pobo”- manifestou Clemente Iglesias, quen lamentou que os cartos da residencia de Riotorto vaian para a de Ribadeo.
O popular quixo deixar moi claro que o seu partido non está en contra de que se constrúa unha residencia en Ribadeo, senón que calificou o feito como algo moi positivo para os ribadenses, pero criticou que esta infraestructura se leve a cabo a costa dos veciños de Riotorto.
Neste senso, Clemente Iglesias aseverou que se Gutiérrez Estoa tivese tanto interese por dotar aos veciños dunha residencia, como noutros temas que está levando a cabo dende fora, o Concello de Riotorto non estaría sen esta necesaria infraestructura.
“O rexedor de Riotorto adicouse a andar por fora mentindo e xerando polémica, mentras tivo desatendido o concello”- manifestou o popular, quen lembrou que este mal chamado espíritu de Riotorto rematou deste xeito: perda da residencia e dos empregos asociados para os veciños.
Rematou os populares instando ao alcalde a que atenda as demandas dos veciños de Riotorto, que son os que lle pagan e aos que ten totalmente desatendidos, e deixe o seu afán de andar por fora e facendo teatro con temas sensibles.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



