O Servizo de Normalización Linguistica da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa convocou o pasado verán un concurso de carteis para seleccionar o deseño gráfico do Calendario Escolar 2013-2014. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización do Servizo de Normalización Linguistica coa finalidade de promocionar o uso da lingua galega na mocidade mariñá. O concurso foi destinado a todos os nen@s da Mariña en idade escolar (3 a 12 anos) e no caso do Concello de Burela realizáronse durante o verán varias actividades. A técnico de Normalización Linguistica Mª Luz Pérez Goás, a concelleira de Mar e Medio Ambiente, Patricia López Eijo, as monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia e persoal directivo dos dous centros de ensino (CEIP Vista Alegre e CEIP Virxe do Carme) entregaron este martes un agasallo ás dúas nenas semifinalistas de Burela e repartiron aos alumnos uns marcapáxinas cos debuxos premiados.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



