O grupo de montaña do Club Deportivo ‘Marqués de Casariego’ de Tapia organiza unha viaxe ó Courel para a fin de semana do 23 e o 24 de novembro durante a que teñen prevista unha ruta circular de 14 quilómetros que comeza e acaba en Ferrería Nova, situada na parte baxa de Seoane do Courel. A ruta contempla un desnivel de 600 metros e un percorrido ó longo do río Pequeno. A saída está prevista para as 16.30 horas do sábado. Os interesados poden informarse e reservar praza nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) e 608 540 828 (Eva) ata o xoves 21. Os prezos da actividade, que inclúen viaxe, aloxamento, cea do sábado e almorzo do domingo, son de 60 euros para os non socios, 45 para os socios e 35 para os socios colaboradores.
De Tapia ó Courel