Manel Yáñez Dablanca.- Con esta frase un individuo interrumpía unha conversa racional entre dúas persoas, unha frase que soa a variante moderna e coloquial daquela outra, “abaixo a intelixencia!”, que se escoitou non fai moito tempo noutros foros. A Filosofía non vale para nada, a Filosofía é unha cousa de curas, a Filosofía non é un saber práctico, non sirve para a vida real…. Estes e outros comentarios están na mente e nas linguas de moitas persoas.
Desde fai moitos anos (séculos incluso) a Filosofía ven sendo unha molestia para moita xente. Non é un problema de agora, non supón unha novidade dos «doutores» lexislativos do sistema educativo, non é unha cuestión de política actual senón de sentimento humano básico e decimonónico.
Nin sequera podemos utilizar o argumento da Europa intelectual que nos rodea (con tan bos resultados sobre nos en tantos e tantos informes estatísticos), xa que non hai moita Filosofía nos sistemas educativos europeos,… bueno, agora algúns países están decididos a introducila como ferramenta crítica e como medio para fomentar a racionalidade humana, unha racionalidade (a da Filosofía) que está por enriba do cientificismo que nutre as nosas vidas.
Está claro que a Filosofía sobra, sobra porque fala da evolución do pensamento, pero non cala na conciencia da Humanidade; sobra porque fai unha crítica ó comportamento individual e social, pero non transcende nin á política nin á ética na que vivimos; sobra, sinxelamente, porque era un elemento crítico que fortalecía a madurez do ser humano e trenzaba os lazos que nos unen como cidadáns, ou polo menos esa era a súa pretensión.
Non pode haber no sistema unha materia que pretenda repensar ás outras, unha materia que explique que os seus orixes eran o coñecemento e que a partires dese tronco fundamental creceron e multiplicáronse o resto das ciencias.
Ninguén quería á Filosofía. Era unha materia máis pero con ínfulas de abandeirada, de portavoz, de hoplita entre as hostes do saber que debe ser de público coñecemento, non podía figurar por máis tempo como materia completa no corpo de estudos obrigatorios e postobrigatorios.
Cando no 2005 a UNESCO, a través do seu Consello Executivo, promoveu a celebración dun Día Mundial da Filosofía, facíano conscientes e convencidos, entre outras razóns e argumentos, «da importancia da Filosofía, do seu destacado papel no desenvolvemento da Humanidade, preocupados pola necesidade de protexela do dobre perigo que representan o oscurantismo e o extremismo, e recordando a función esencial da Filosofía para promover a tolerancia e a paz,…» non podían sospeitar que chegaría o momento no que esta idea sucumbiría, e que os seus contidos serían sepultados para honrar a outros deuses e outras sinrazóns.
A Filosofía non cumpre os requisitos de ser unha materia ó uso, non ten aplicación ningunha, non serve para descubrir mundos, non arranxa as inxustizas, non é capaz de inventar nada, nin de construír nada, …. Pero soubo falar de mundos antes de que se descubriran, foi quen de describir e de propor alternativas teóricas que fundamentan a nosa convivencia, e convertiuse no fundamento do gran edificio da civilización e da nosa idea de Cosmos, non só como descripción daquelo que nos rodea senón daquelo do que estamos compostos, dos auténticos elementos constitutivos do ser humano e do ser físico e metafísico (metafísico, naturalmente) das cousas.
…Sun Tzu, Confucio, Lao Tse, Pánfilo, Tales, Antístenes, Sócrates, Euclides, Hipócrates, Arquímides, Hipatia, Hildegard de Bingen, Giordano Bruno, Guillermo de Ockam, Galileo, Pascal, Ramon Llull, Locke, Kant, Hegel, Marx, Nietzsche, Wollstonecraft, Freud, Comte, Ortega, Wittgenstein, Sartre, Beauvoir, Hanna Arendt, Popper, María Zambrano, Xabier Zubiri, Habermas,…. Tantos e tantos seres humanos que exerceron o dereito a pensar e axudaron a construír coas súas ideas o mundo no que vivimos, non con pedras, ou armas,… senón con ideas, sí, IDEAS, algo intanxible, como os sentimentos e a risa, e a dor, pero que existe, e que ten unha realidade transformadora e cun poder superior a calquera outra arma coñecida.
Eran demasiado poderosos, non se pode, mellor diremos, non se debe fomentar esa visión do xénero humano como creador de valores. Así pois, entoaremos un cántico con santa Cilla na honra da Filosofía. Non podemos calar estas verdades, esta historia do coñecemento, e por sobre todo non podemos silenciar o feito de que os cambios que se producen non son consensuados, e calquera consenso faise necesario en temas tan fundamentais como a educación, os valores,… nun tema tan fundamental como o futuro que nos concerne e no que estamos implicados tódolos cidadáns.
…Cosas tenedes mío Cid que farán fablar las piedras…
Manel Yáñez Dablanca
Profesor de Filosofía

















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



