Que teñen en común, por exemplo, Abxasia, Cosova, Nagorno Karabaj, Osetia do Sur, Palestina, Puntlandia, a República Pridnestroviana de Transnistria, a República Turca do Norte de Chipre, Sáhara Occidental, Somalilandia e Taiwán? A Agrupación Cultural Francisco Lanza convida con esta exposición a un achegamento á situación actual de certas nacións sen estado e contará a semana que vén co relatorio de Roberto Mansilla, analista e investigador no IGADI. Na sala da OMIC, do 19 de novembro ao 1 de decembro. E, por outra banda, tamén a A.C. Francisco Lanza ten esta semana a reunión mensual do seu club de lectura. Falamos de Eu matei de melancolía o pirata Francis Drake co seu autor, Gonzalo Moure. Na Casa das Letras o xoves 21 ás 20.30 h.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



