Ribadeo, 1 de novembro de 2013. Este xoves tivo lugar a cuarta e derradeira das charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Transcorreu na casa do mar de Ribadeo a cargo de Anxo Martínez Pérez, quen despois de facer unha introdución xeral, abordou a temática da crise a partires dos capítulos 6 e 7 do manifesto de economistas aterrados, enfocando as falsas evidencias de traslado interxeracional da débeda e da tranquilización dos mercados financieiros para ter a posibilidade de pago da débeda pública.
Nun ambiente distendido, o conferenciante dividiu en dúas partes ben diferenciadas a charla, comezando pala temática directamente relacionada coas ‘falsas evidencias’ anteditas, pasando a continuación a achegar a crise, as súas causas, efectos e particularidades á nosa terra. Así, por exemplo, destaclou a influenza que ten na crise en Galiza a diferenza de tecido económico en relación a Cataluña ou o País Vasco. Influenza tanto na entrada da crise como no seu desenvolvemento e na súa saída.
Ademáis, non podía deixar de situar os conceptos, o seu significado e precepción nun contexto español no que se está a falar de saída da crise con máis dunha persoa de cada catro en paro. Algo difícil de comprender se non se ten en conta o diferente significado de crise que se manexa, que representa diferente para certa élite do que representa para a grande maioría da xente.
Máis aínda que nas charlas anteriores, o turno de intervencións do público tivo que ser cortado debido ó avanzado da hora, quedando sobre a mesa moitas preguntas, respostas, exemplos e aclaracións sobre un fenómeno, o da crise, que é multifacético e engañoso, como se ten amosado no conxunto do ciclo.
Ó finalizar, fóille entregado un diploma e un pequeno agasallo ós conferenciantes, entre un cerrado aplauso dos asistentes.
A AVV agradeceu ós ponentes e ós asistentes a súa participación, e cerra esta actividade coa satisfacción de ter brindado a toda canta persoa se quixo achegar un foro aberto de contraste de ideas e coñecemento sobre unha temática crucial nos tempos actuais.
A asociación, para quen non teña podido asistir e esteña interesado, seguirá a cargar en internet os audios das charlas, exceptuando o desta última por un problema técnico.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



