Sto. André de Boimente, 26 de novembro de 2013.- Con motivo da celebración do 25N, Día Mundial para a Loita contra a Violencia de Xénero, o colectivo Fraga das Saímas ven de poñer en marcha unha campaña contra a violencia machista ao obxecto de detectar e visualizar as diferentes manifestacións de violencia (física, psicolóxica, sexual, económica e ou patrimonial) que se poden dar nas relacións de parella, que se atopan ocultas na vida cotiá e que moitas veces se confunden ou descoñecen. E para o cal este colectivo editou 150 VIOLENTÓMETROS, un material gráfico e moi didáctico en forma de regra e calendario que se están a distribuir, coa colaboración da librería Porta da Vila, África Copias e Catá, entre as mulleres da asociación e do concello de Viveiro cos cales poderán visualizar se a súa relación de parella é saudable ou pola contra é nociva e perigosa para a súa persoa e a súa integridade física.
As manifestacións de violencia que se amosan neste material gráfico non son necesariamente consecutivas, senón que poden ser experimentadas de maneira intercalada. Neste material plásmase dous tipos de relacións de parella: unha saudable e outras relacións cunha escala de violencia gradual, onde se inicia sinalando as manifestacións máis sutiles, posteriormente as máis evidentes e na última escala as manifestacións máis extremas.
Aínda que habitualmente tendemos a fixar a atención nas formas extremas da violencia. Con esta campaña quixemos centrar o foco de atención desde a 1ª etapa onde se enxendra a violencia e se desenvolve no día a día unha violencia velada que aparece dun xeito case irrecoñecible (palmadiñas, burlas, empuxóns…) para así as rapazas, a través deste violentómetro, podan ser capaces de recoñecer unha serie de sinais de advertencia na súa relación de parella e saiban identificar se a súa relación está baseada na igualdade ou polo contrario está sufrindo unha relación de violencia e desigualdade ( falta de respecto a través de insultos, humillacións.., críticas constantes, celos, imposición de obrigas sobre o que debes facer ou dicir… intentar aillarte da familia e amigos, obrigada a manter prácticas sexuais non desexadas, etc..)
O colectivo Fraga das Saímas considera que o violentómetro pode ser unha ferramenta útil que permite estar atenta á muller e ao seu entorno para detectar e alertar dunha situación perigosa, e así poder adoptar as medidas necesarias para frear este tipo de condutas violentas. Este colectivo cre que esta ferramenta pode resultar moi beneficiosa tanto para as mulleres (empezando polas máis novas) como para a comunidade educativa e os ámbitos familiar, laboral e social nos que se desenvolven.
Para a realización desta campaña de sensibilización e identificación das situacións violentas desde as primeiras sinais, dentro dunha relación sentimental, o noso colectivo empregou a idea dun material gráfico similar que desenvolveu o Instituto Politécnico Nacional de México no ano 2009 a raíz dunha das investigacións levadas a cabo dentro do seu Programa Institucional de Xestión con Perspectiva de Xénero entre o seu alumnado de 15-25 anos, co título “Novas dinámicas da relación de parella”.
Por último dicir que para a elaboración do violentómetro o colectivo Fraga das Saímas contou coa axuda inestimábel de varios colaboradores que supervisaron os contidos deste material. Así cabe agradecer a axuda de Fernanda Soutullo (Técnica de Servizos Sociais), Dores Sánchez (Filóloga galego-portuguesa) e Manuel López (dinamizador cultural), asimesmo á empresa Ideño, SL que colaborou, baixo a coordinación da secretaria e presidenta da Asociación, no deseño e maquetación do violentómetro.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



