Este sábado as asociacións de sendeirismo Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela realizaron conxuntamente a ruta “Senda Verde do Agüeira” no concello asturiano de Villanueva de Oscos. Participaron un total de sesenta senderistas que percorreron esta fermosa ruta dos Oscos que combina uns espectaculares bosques autóctonos, perfectamente conservados, con arquitectura popular da zona. A pesar de que a climatoloxía non acompañou en absoluto, xa que choveu case todo o percorrido, os de Lourenzá e os de Burela pensan repetir a experiencia, dado que o día serviu para reforzar lazos entre os compoñentes de ambas asociacións.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



