Charla coloquio e presentación do libro de Marina Mayoral “O anxo de Eva” no Salón de actos da Casa da Cultura, organizado pola Biblioteca Pública Municipal. Entretida, amena presentación, e de máxima actualidade, que incide en problemáticas actuais dos rapaces, no referido ao sexo, as novas tecnoloxías, o acoso e violencia de xénero. Acompañouna na presentación o Concelleiro de Cultural José Angel Paleo que lle deu as grazas por vir a Foz a esta presentación e convidouna a que o siga a facer co seu novo libro que xa está a preparar. Ao final do acto tivo lugar a sinatura de libros.
Marina Mayoral asinou libros en Foz
Marina Mayoral asinou libros en Foz
Relacionado
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia