Cervo, 15 de novembro de 2013- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Educación, Pilar Armada, reuníronse este venres con representantes da ANPA do CEIP Cervo para valorar a posibilidade de establecer un servizo de transporte escolar. Un servizo que estaría destinado a aquelas familias interesadas en que os seus fillos vaian xantar a casa e que precisan para iso o transporte público.
Nesta xuntanza o rexedor quixo coñecer a postura da ANPA sobre esta proposta. Villares lembra que hai máis dun mes a asociación xa lle propuxera ao Concello a posta en marcha dun servizo de transporte ao mediodía financiado con fondos municipais. Agora este novo encontro tiña o obxectivo de concretar os detalles da medida.
O mandatario cervense trasladou aos asistentes o seu desexo de que esta iniciativa se desenvolva da mellor maneira posible. Por iso, durante a reunión explicou que para poder planificar o servizo é necesario coñecer o número de usuarios e así estudar todos os casos e as súas necesidades, deseñar as liñas, os horarios e coñecer os custos. Unha información importante xa que o rexedor pretende que os alumnos pasen o menor tempo posible nos desprazamentos. Deste xeito, será a ANPA a que realice unha consulta a todos os pais e nais sobre o seu interese en utilizar o servizo.
Ao mesmo tempo, Villares asegura que a súa intención é “axudar de forma prioritaria ás familias de Cervo. Pero incluso estamos dispostos a estudar que esta axuda se dirixa tamén a familias de fóra do concello, porque o importante é contribuír co servizo educativo que ofrece o colexio de Cervo”. O rexedor remata dicindo que esta é unha axuda “coa que pretendemos cubrir unha necesidade de moitas familias e que traballaremos para tentar poñer en marcha canto antes”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



