Burela, 9 de novembro de 2013. O barco museo Reina del Carmen atópase no varadero de asteleiros Armón desde este venres pola tarde para ser sometido ás labores habituais de mantemento.
Segundo explican desde o equipo de goberno “trátase de traballos que xa estaban previstos desde a última vez que subiu ao varadero, pero planificáronse coa dirección do asteleiro a finais do pasado verán. Estamos a falar de labores de mantemento e reposición, si fose necesario, no casco do buque para deixalo no mellor estado posible”.
A última vez que o Reina del Carmen subiu ao varadero foi en outubro de 2011. Desde o equipo de goberno sinalan que “o estado do casco do barco é aceptable tendo en conta que xa ten os seus anos. A obra viva, é decir a zona que está en contacto coa auga, está mellor que a obra morta, que é a parte que se atopa fora da auga. O casco está máis desgastado na parte que toca co peirao, debido ao movemento continuo e ao traballo do mar”.
Nos vindeiros días no barco museo de Burela “acometeranse traballos de limpeza do casco e reposición daquelas zonas que poidan estar danadas e que aparentemente son dúas ou tres. É algo que xa coñeciamos, porque xa ocorreu nas anteriores revisións. A estancia no varadero dependerá da duración destes traballos e tamén da carga de traballo do asteleiro. Noutras ocasións ese período de tempo non superou a semana”.
O equipo de goberno lembra que “nas últimas semanas xa estivemos a acometer labores de mantemento na ponte do Reina del Carmen e queda por rematar o acondicionamento da cuberta, algo que se retrasou por culpa da chuvia dos últimos días.”.
O alcalde, José Mª González Barcia, agradece “a colaboración que asteleiros Armón ten co Concello de Burela neste tema e noutros moitos máis, así coma ao resto das empresas que tamén nos axudan para que o barco museo Reina del Carmen estea nas mellores condicións posibles”. O rexedor visitará a vindeira semana o varadero e supervisará os traballos que se realicen no buque.
Desde o equipo de goberno engaden que “estamos a cumplir coas labores de mantemento que o Concello ten programadas para o Reina del Carmen e que nunca se deixaron de lado”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



