Foz, 9 de novembro de 2013. A Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, acondiciona un paseo pola beira do río Ouro no tramo que une Fontao con Transmonte, que pertence á parroquia focense de Santa Cilla. A obra, que está a piques de rematar, foi visitada polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e polo concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín.
O rexedor municipal explicou que esta actuación “está sendo executada pola Consellería de Medio Ambiente con fondos financiados totalmente por este departamento da Xunta de Galicia por un total de máis de 30.000 euros. Acondicionouse con varias pasarelas, unha delas que era unha antiga ponte que unía Fontao con Teixeira. A verdade é que quedou moi ben”.
Javier Castiñeira tamén comentou que “esta ruta foi visitada polo grupo Os Sendeiros, de Foz, que participaron dando ideas. É unha obra interesante que era lóxico facer. Permite facer ida e volta pola ruta do río Ouro, que é atravesado por unha pasarela de madeira que substitúe a unha ponte que estaba caída”.
O alcalde destacou que “no último ano e pico a Consellería de Medio Ambiente fixo varias obras neste río: retirou todas as árbores que había na canle, que era importantísimo porque estaba bastante colapsado de árbores caídas nos últimos temporais; e agora acometeuse esta obra importante, solicitada precisamente polo colectivo de Os Sendeiros, que fai varios eventos no noso concello e evidentemente nós queremos poñer ao día a Foz neste ámbito, que aparte de deportivo é turístico e atrae a moita xente e facilita tamén a practica deportiva a un colectivo con idades diferentes”.
Castiñeira anunciou que esta actuación “nos próximos días estará rematada, porque están colocando a sinalización. Por iso estamos moi contentos e queremos facer público o noso máximo agradecemento á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias; ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández; e tamén á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e Augas de Galicia, que foron os artífices desta obra”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



