Foz a 2 de novembro de 2013.- O Bloque Nacionalista Galego anunciou que o Mércores 6 de Novembro ás 20:30 na Casa da Cultura organiza unha charla informativa sobre os efectos que o PXOM vai ter no Concello de Foz, de xeito moi particular no que é a vila, e no que vai tomar a palabra o Portavoz Municipal dos nacionalistas, Xoán Carlos Basanta así como un arquitecto é un xurista que tentarán informar e clarificar aquelas dúbidas que lle poida xurdir aos presentes sobre o Plan.
Para o BNG de Foz un dos elementos centrais de discrepancia coa proposta de Plan Xeral presentado polo Goberno Municipal refírese aos criterios que se seguen á hora de clasificar o solo urbano como consolidado (SUC) ou non consolidado (SUNC). O BNG xa solicitará no anterior documento do plan que se revisarán a totalidade dos Polígonos e dos PERIS que desenvolven o SUNC porque constataba daquela, e agora tamén, que o plan clasifica de xeito distinto situación aparentemente semellantes.. Neste sentido, cómpre indicar que non se corrixe o reparo feito pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza no 2009 sobre o asunto cando di que “o plan non achega unha xustificación desta clasificación, polo menos unha descrición dos criterios empregados (máis alá da reproducción xeral dos principios da lexislación), co gallo de fundamentar o lexítimo exercicio da discrecionalidade na planificación urbanística”. Reparemos por exemplo en dúas vivendas colindantes no Camiño Vello que son tratadas de diverso xeito, unha delas é excluída da área de solo urbano non consolidado e por conseguinte clasificado como solar e a outra recebe a consideración de solo urbano non consolidado, pasa a quedar incluído no polígono e por conseguinte procederase ao derrube da mesma.
Con respecto a este aspecto, o Plan presentado fai repercutir o custe do mesmo naqueles que non tiveron a culpa da desfeita urbanística dos últimos anos en Foz. Para facernos unha idea do custe que terá para os veciños incluídos en algún dos polígonos do solo urbano poñer como exemplos o polígono da Mariña (detrás do antigo cine) no que uns poucos propietarios terán que aportar a cantidade de 387.000 euros, ou no polígono da Rúa Corporacións que dous ou tres propietarios -con vivendas afectadas- terán que poñer do seu peto 188.000 euros. Tamén son sorprendentes algúns polígonos de maior tamaño como o de Malates, onde a cantidade ascende a 839.000 euros con dúas vivendas afectadas. Outros que chaman a atención son os da Avenida de Viveiro en Marzán, con máis de 689.000 euros ou o da Rúa Carlos Maside (detrás da Praza de Galicia) con case 700.000 euros. Nas demais parroquias, os dous polígonos de Vilaronte ascenden a máis de 500.000 euros, o de Nois a 578.000 euros e os dous de Cangas a case 1.700.000 euros. En total o conxunto das áreas de solo urbano non consolidade teñen un custe para os veciños de 8.239.680 euros e a maioría teñen que executalos obrigatoriamente en oito anos, segundo a normativa do Plan.
“Esta é a realidade do Plan e desde o BNG intentamos dar toda a información e de forma veraz aos veciños sobre o mesmo, entre outras cousas porque o BNG non ten ningunha clase de interese urbanística nin de outra índole particular neste proxecto, cousa que non se pode dicir doutros”, afirma Basanta.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



