O Club Ciclista Burela celebra o próximo sábado día 16 as 20:00 horas a Asemblea anual ordinaria correspondente o ano 2013, nesta Asemblea a orde do día será:
1º.- Informe, polo Sr. Presidente, das actividades do ano.
2º.-Informe, polo Sr. Tesoureiro, do balance económico do mesmo período.
3º.-Entrega de un número da revista WORLD BIKES a cada socio na que aparece unha reportaxe do Club.
4º.-Rogos e preguntas.
Esta Asemblea celebrarase no hotel Nordés de Burela onde as 22:00 horas tamén teremos a cea baile de fin de tempada. Durante a mesma, farase entrega do trofeo que tódolos anos entrega o Club o socio que durante a tempada actual asiste a máis Marchas cicloturistas e que este ano lle corresponde a D. Carlos Fernández Rodríguez por asistir a 13 marchas.
No punto 3º da orde do día figura a entrega dun número da revista WORLD BIKES a cada socio porque esta revista de recente creación se puxo en contacto co CC. Burela para facer unha reportaxe do Club e incluíla no segundo número de dita publicación.
O CC. Burela está moi orgulloso de que unha revista de tirada nacional se fixase nel para facer esta reportaxe e sobre todo do ben que o sacaron na revista, pensamos que e un recoñecemento o traballo que durante 18 anos leva feito este Club e sentimonos especialmente orgullosos de aportar o noso gran de aréa para que Burela saia nunha publicación deste tipo e con tanta repercusión xa que foron moitos os Clubes de Galicia así como de outras comunidades autónomas que nos felicitaron pola reportaxe.
Este recoñecemento apórtanos moita enerxía de cara a organización da próxima actividade que será a IX Marcha en BTT que organizamos o día 2 de febreiro do 2014 e na que xa estamos traballando especialmente no diseño do percorrido que este ano será especial xa que faremos 35 km. sin sair dos límites do noso Concello, gustaríanos que todos os afeccionados a este deporte e que non o practican poidan ver como máis de 300 ciclistas rodan polos nosos camiños e sendeiros.
Para o ano 2014 tamén recuperamos a Marcha Cicloturista de estrada que durante os dous últimos anos non organizamos, será a XVII Marcha de Burela, xa temos o percorrido definido e esperamos que tódolos afeccionados á bicicleta de estrada poidan disfrutar deste percorrido que será bastante esixente tanto no quilometraxe, que será de máis de 120 km, coma da súa dureza. Ademais de esforzarse por completar o percorrido poderán disfrutar dos distintos entornos paisaxísticos por onde discorrerá a Marcha.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
