Burela, 14 de novembro de 2013. Esta tarde o Concello procedeu a acender o alumeado da urbanización de Torrentes e ultima algúns retoques para abrila ao tráfico o vindeiro sábado, 16 de novembro, tal e como estaba previsto. O equipo de goberno acudiu esta noitiña ata a devandita unidade de actuación.
O alcalde, José Mª González Barcia, explicou que “hoxe verificamos que o alumeado de Torrentes funciona perfectamente. Os aproximadamente 50 puntos de luz distribuídos por toda a unidade de actuación funcionan ben e o que fixemos hoxe foi definir aqueles puntos que se van manter acendidos de forma permanente, que van ser aqueles que están situados nas interseccións das rúas ou nos pasos de peóns e algúns máis que están nas rúas con traxectos máis longos para garantir a seguridade do tráfico rodado. Óptase por suprimir puntos de luz por unha razón obvia, porque hai moi pouca edificación en Torrentes e moi poucas casas habitadas. Polo tanto vaise reducir o alumeado ata aquilo que sexa permisible”.
O rexedor dixo que “as lámpadas que hai colocadas son de 150 vatios de potencia e chegado o momento haberá que pensar na reducción desa potencia para buscar un equilibrio económico sostible”.
González Barcia engadiu que “a unidade de actuación está xa lista, tan só faltan os últimos retoques para abrila o sábado, tal e como está previsto”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



