A moción sobre o copago de dispensación hospitalaria, presentada polo BNG, foi aprobada no pleno do Concello do Valadouro, cos votos a prol de todos os grupos, agás o PP, cuxos concelleiros abandonaron o pleno.
A Asemblea Local amosa a súa satisfacción por que o Concello decida asumir en caso necesario a axuda a todos aqueles veciños que o precisen. Aínda así, o BNG seguirá loitando pola derrogación da resolución adoptada polo Goberno do Estado, política lesiva en sumo grao para as persoas con doenzas graves ou crónicas, unha proba do desleixo cos sectores sociais máis febles e vulnerábeis por parte do PP a nivel xeral, autentico responsábel desta política inhumana e totalmente contraria aos principios de igualdade social
Por outra banda, a moción sobre as sancións recibidas polos emigrantes retornados ficou sobre a mesa para o seguinte pleno, aínda que os grupos presentes amosaron o seu apoio verbal ao contido xeral do texto, os grupos do goberno local pretendían modificar un parágrafo, ante o que o concelleiro do BNG manifestou que antes de introducir cambios era conveniente consultar co Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña, así se fará, e a moción debatirase no seguinte pleno.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



