Cervo, 15 de novembro de 2013- A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, asegurou este venres que “o Concello de Cervo bota en falta investimentos da Deputación no noso municipio”. A concelleira fixo estas declaracións o día despois da aprobación en pleno dos orzamentos para 2014. “A pesar de contar con dous membros da administración provincial no noso Concello, seguimos sen obter nin o máis mínimo apoio da Deputación”.
Neste sentido Pedreira lembra que o Goberno do Estado lle dá á Deputación 762.000 euros para que os invista en Cervo. “Lamentablemente este ingreso anual que recibe o Goberno Provincial non chegan nunca aos veciños” explica a responsable de Facenda. “Os únicos cervenses que se benefician deses cartos son a vicepresidenta da Deputación, que cobra 57.500 euros, e o asesor do BNG na Deputación, que recibe 24.000 euros”.
Ao mesmo tempo, a edil fixo referencia ás críticas dos grupos da oposición sobre os orzamentos para o ano que vén e lamentou que aos nacionalistas “lles doa que non subamos os impostos este ano, que non os subísemos o ano pasado e que non os vaiamos subir o seguinte”. Pedreira considera que “lles molesta tanto porque non atopan un referente desta situación en concellos gobernados por eles”.
Pedreira tamén considera “irrisorias” as declaración dos socialistas cando reclaman que o Concello invista nas persoas. “Quero que ao PSOE de Cervo lle quede moi claro que non imos actuar coma eles, que consideran que investir nas persoas é crear un plan de emprego no que quedan fóra case todos os concellos, entre elés Cervo”. A edil tamén cre que aos socialistas “segue sen gustarlles que puxésemos en marcha un plan de emprego municipal para os mozos e mozas porque tampouco teñen un referente igual en concellos gobernados polo PSOE”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



