O Grupo de Teatro de Ribadeo estrea este sábado 9 de novembro na Casa da Cultura de Sarria a súa última montaxe Os putativos, unha comedia de enredo do autor arxentino Hugo Daniel Marcos.
A obra está dirixida por Toni Deaño que tamén forma parte do elenco xunto ao outros veciños e veciñas de Ribadeo: María Novo, Eligio Lombardero, Adela Eiros, Julio Quintas, José Antonio R. Alonso, Marta Pérez, Manel Yáñez, Marina Lagarón, Nines Domínguez, Alicia Sarmiento, José Ángel Martínez, Cecilia Barcia, María Ramos, Pepa Alonso e Carmen Díaz.