Lugo 09 de novembro de 2013.- A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, acompañada de deputados provinciais, denunciaron este sábado en rolda de prensa que o plan de emprego promovido por José Ramón Gómez Besteiro e cuxas bases saíron publicadas hoxe no BOP, “impide que 43 dos 67 concellos que integran a provincia podan acceder a este plan”.
Elena Candia explicou que este plan exclúe aos municipios con máis de 5.000 habitantes ademais de todos aqueles concellos que entre os anos 2010 e 2013 fosen beneficiarios dun obradoiro de emprego. Unha situación, que segundo a popular, está a crear municipios de primeira e de segunda para José Ramón Gómez Besteiro; así como parados con máis ou menos dereitos en función da localidade de residencia
Os populares tacharon este plan de discriminatorio e explicaron que hai moitos concellos con máis de 5.000 habitantes cunha taxa de paro superior a municipios de menor poboación e a maiores exclúe a concellos que con poboación similar teñen maior número de parados.
Analizados os datos por poboación, Elena Candia censurou que máis do 85% dos lucenses non podan optar a participar neste plan, tanto é así que os 43 concellos excluídos suman unha poboación de 299.317 habitantes. A popular preguntouse se estes máis de 299.000 habitantes teñen menos dereito a un plan de emprego financiado con cartos públicos que os residentes dos restantes municipios que si poden participar.
Utilización dos parados con fins electoralistas
Unha vez analizados os prazos de selección e contratación dos traballadores, a voceira dos populares explicou que “sospeitosamente esta plan é coincidente coa época electoral, unha situación que se volve a repetir”. Un feito que, segundo Candia, demostra que a “José Ramón Gómez Besteiro só lle importan os desempregados cando se aproximan as eleccións”.
Ademais, a análise deses tan só 24 concellos que poden acceder ao plan, evidencia que só 7 deles están gobernados polo Partido Popular, mentres que, polo tanto, os restantes (o 70,83% dos concellos beneficiados) contan cun goberno do PSOE ou do BNG. Unha situación que amosa o desequilibrio deste plan e máis tendo en conta que o Partido Popular goberna nos 64% dos municipios.
Petición dun pleno extraordinario para corrixir o plan
Os populares solicitarán por escrito a celebración dun pleno extraordinario para que José Ramón Gómez Besteiro corrixa un plan “electoralista” que deixa fóra a 43 concellos da provincia.
A voceira do GPP explicou que o seu grupo lle solicita ao socialista que “pense menos no partido e máis nos lucenses e que a utilización do desemprego con fins electoralistas e pouco ético e non vamos a permitilo”.
José Ramón Gómez Besteiro deixou sen executar en 2012 uns 4,7 millóns de euros destinados á creación de emprego e a maiores converteu a Deputación de Lugo na única que non quixo asinar un programa en colaboración coa Xunta de Galicia e votou en contra da proposta do PP dirixida a creación dun plan consensuado cos municipios e cos sectores máis representativos da provincia.
Os feitos evidencian que a Gómez Besteiro non lle preocupan os parados, senón os intereses partidistas, así o PP propuxo que un plan con menos duración, (neste caso 15 meses), chegaría ao dobre de xente. A maiores os populares pedíronlle ao socialista, “tan dado a facer comparacións”, que aprenda do Plan de Cooperación da Xunta que subvenciona a contratación de desempregados en todos os concellos da provincia, sen exclusión e en base a criterios obxectivos.
- Achégase cadro cos concellos excluídos
Concello | Poboación | % Poboación | Goberno | Parados | |||
CONCELLOS EXCLUÍDOS POR TER MÁIS DE 5.000 HABITANTES | |||||||
Lugo | 98.457 | 28,22 | PSOE | 9.420 | |||
Monforte de Lemos | 19.604 | 5,62 | BNG | 1.661 | |||
Viveiro | 16.108 | 4,62 | PSOE | 1.336 | |||
Vilalba | 15.116 | 4,33 | PP | 1.302 | |||
Sarria | 13.524 | 3,88 | PP | 1.229 | |||
Ribadeo | 10.061 | 2,88 | BNG | 764 | |||
Foz | 9.978 | 2,86 | PP | 693 | |||
Chantada | 8.783 | 2,52 | IND | 656 | |||
Burela | 9.631 | 2,76 | PP | 715 | |||
Guitiriz | 5.658 | 1,62 | PP | 397 | |||
Castro de Rei | 5.422 | 1,55 | PP | 287 | |||
Cospeito | 5.047 | 1,45 | PP | 299 | |||
Outeiro de Rei | 5.046 | 1,45 | PP | 324 | |||
CONCELLOS EXCLUÍDOS POR TER OBRADOIRO ENTRE 2010 E 2013 | |||||||
Cervo | 4.483 | 1,28 | PP | 278 | |||
Saviñao, O | 4.314 | 1,24 | PP | 261 | |||
Mondoñedo | 4.183 | 1,20 | BNG | 261 | |||
Friol | 4.137 | 1,19 | PP | 227 | |||
Corgo, O | 3.828 | 1,10 | PP | 178 | |||
Palas de Rei | 3.656 | 1,05 | PP | 175 | |||
Xove | 3.512 | 1,01 | PP | 184 | |||
Begonte | 3.322 | 0,95 | PP | 197 | |||
Taboada | 3.221 | 0,92 | PP | 165 | |||
Barreiros | 3.124 | 0,90 | PP | 197 | |||
Pantón | 2.860 | 0,82 | PP | 192 | |||
Láncara | 2.866 | 0,82 | PP | 176 | |||
Baralla | 2.834 | 0,81 | PP | 134 | |||
Abadín | 2.760 | 0,79 | PP | 134 | |||
Carballedo | 2.532 | 0,73 | PP | 130 | |||
Sober | 2.478 | 0,71 | PP | 147 | |||
Lourenzá | 2.399 | 0,69 | PP | 137 | |||
Antas de Ulla | 2.219 | 0,64 | PP | 104 | |||
Valadouro, O | 2.123 | 0,61 | PSOE | 124 | |||
Xermade | 2.101 | 0,60 | PP | 129 | |||
Alfoz | 2.009 | 0,58 | PP | 103 | |||
Vicedo, O | 1.895 | 0,54 | PP | 133 | |||
Portomarín | 1.690 | 0,48 | PP | 69 | |||
Rábade | 1.674 | 0,48 | IND | 165 | |||
Páramo, O | 1.555 | 0,45 | PP | 70 | |||
Nogais, As | 1.295 | 0,37 | PP | 74 | |||
Folgoso do Courel | 1.160 | 0,33 | PP | 54 | |||
Ourol | 1.142 | 0,33 | PP | 52 | |||
Muras | 754 | 0,22 | PP | 26 | |||
Triacastela | 756 | 0,22 | PP | 25 | |||