O señor Barcia enviou este luns ós medios unha nota de prensa, asinada co pseudónimo de José Luís (que parece ser o perrito faldero do Sr Barcia), onde lamenta a ausencia da totalidade da oposición na inauguración da urbanización de Torrentes, ó mesmo tempo que da un repaso mal intencionado do que, segundo el, debe ser a oposición.
Nosoutros tivemos ausentes de tal inauguración por non ser invitados en tempo e forma. O Sr Barcia mandou invitación a colectivos e representantes institucionais (tres días antes do acto), pero esqueceuse de invitar ós compañeiros de corporación do PSdeG-PSOE, o que demostra unha auténtica irresponsabilidade o mesmo tempo que reflexa unha ansia de protagonismo desmedida, como é costume neste alcalde. O respeto democrático da oposición non existe na retorcida mente do Sr Barcia e o seu equipo de “desgoberno”, e polo visto tampouco no Partido Popular de Burela.
Por outro lado moito se queixa de que a oposición estivera ausente pero a realidade, e que non só faltou a oposición, tamén faltou o 99.99% dos veciños de Burela, o que da a entender que moi ben non se fixeron as cousas.
Torrentes é unha Unidade de Actuación que se debe entregar na súa totalidade unha vez que se conclúen todos os aspectos construtivos (urbanización), administrativos (títulos de propiedade, denuncias xudiciais, etc…) e económicos (rendemento final das contas).
De momento só se abriron as rúas que compoñen a Unidade de Actuación, pero queda moito tramo para culminar o proxecto. O señor alcalde debera poñer mais interés en ser transparente cos propietarios de Torrentes, explicando e informando do desenvolvemento de todo o proceso, que en queixarse do pouco público que tivo na inauguración.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



