O PSdeG-PSOE, en relación ás últimas declaracións realizadas polo presidente provincial do Partido Popular –José Manuel Barreiro- sobre o plan de emprego da Deputación, asegura que os populares queren vetar a creación de novos postos de traballo nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Deste xeito, os socialistas consideran que, coa oposición ó plan provincial, que dará traballo a 80 desempregados, “o PP defende que estas entidades locais volvan ser marxinados e pretende que se vulnere a lexislación que obriga a compensar con recursos públicos ós municipios que contan con zonas medioambientalmente protexidas”. Neste senso, destacan que, este programa contra o que carga Barreiro, súmase ás 10 liñas de creación de emprego que leva impulsando o Goberno provincial desde 2007 para todos os municipios da provincia.
“A Xunta cun Orzamento 100 veces maior non fai nada”
A Xunta de Galicia é a administración con competencias en emprego e ten 100 veces máis orzamento que a Deputación lucense, pero sen embargo “non fai nada”. Dende que goberna Feijóo en Galicia, recortou en 238 millóns de euros os fondos para políticas activas de emprego e ata un 74% o investimento por galego desempregado. En Lugo hai case 7.000 persoas máis sen traballo, e en Galicia o desemprego bate récords e sube por riba da media do Estado.
“Feijóo está desaparecido en Lugo, o Partido Popular non quere que outros fagan o que eles non fan. Non só destrúen emprego, cargan contra quen o crea. Enfádanse porque a Deputación fai plans de emprego; enfádanse porque constrúe residencias e centros de día públicos para os nosos maiores; enfádanse porque constrúe o 1º centro público de recría de gando de España; enfádanse porque garante o Plan de Obras e Servizos… Son como el perro del hortelano: nin fan, nin deixan facer. Non vaia ser que queden en evidencia e se demostre que existe unha alternativa á súa austérica xestión”, argumentan os socialistas.
O plan corrixe o sectarismo da Xunta
O plan impulsado pola Deputación, dotado con 2 millóns de euros, dará traballo durante 15 meses a uns 80 desempregados de concellos de menos de 5.000 habitantes. Os criterios obxectivos para conceder as axudas son a taxa de desemprego, a superficie de Rede Natura e a extensión forestal. Con esta iniciativa, o Goberno provincial, subraia o PSdeG-PSOE, “corrixe o sectarismo que practica a Xunta”. Como “exemplo claro” desta discriminación, está o reparto que fai o Goberno autonómico dos obradoiros de emprego. Dos 40 Concellos beneficiados nos últimos 3 anos, 37 están gobernados polo PP; e os pequenos municipios non teñen ningunha posibilidade de acceder porque impoñen como requisito ter unha media anual de 500 desempregados, unha cifra que ningún acada.
“Os representantes do PP, como delegados da Xunta, non só non queren que se corrixa a marxinación do Goberno galego na provincia, senón que defenden unha dobre marxinación: aqueles Concellos ós que a Xunta marxinou, que volvan ser marxinados. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional di que non se pode tratar igual ós desiguais, e iso é o que defende a institución que preside o líder dos socialistas de Galicia”, destacaron.
A Deputación cumpre a lei
Neste senso, dende o PSdeG-PSOE faise especial fincapé en que, con este plan de emprego, a Deputación cumpre coa lexislación vixente -como a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade ou a Lei de Desenvolvemento Rural Sostible- ó compensar con recursos públicos ós Concellos que contan con zonas medioambientalmente protexidas (Rede Natura, LIC, Reserva da Biosfera, Monumento Natural), dadas as limitacións que implican estas declaracións para o desenvolvemento económico do territorio afectado.
Seis anos volcados co emprego
Tal e como xa indicou esta mesma semana o voceiro do PSOE na Deputación, o socialista Manuel Martínez, a Deputación leva 6 anos volcada co emprego. Dende o 2007, impulsou ata 10 liñas de inserción laboral para todos os Concellos da provincia, con uns 4.000 lucenses beneficiados. Trátase dos seguintes programas: o Plan Lugo Emprega, que deu traballo a 711 persoas; o Pacto Provincial polo Emprego, que, entre a primeira e a segunda fase, beneficia a case 2.000 desempregados; o plan de emprego Fórmate en Verde, no que participan 900 persoas; un plan de emprego en colaboración coa prestixiosa Escola de Organización Industrial (EOI), que beneficiará a 50 persoas, sobre todo mozos; vinte becas medioambientais para mozos titulados; trinta bolsas de emprego en innovación; cinco becas en artesanía; as bolsas Leonardo da Vinci, con 140 mozos titulados beneficiados; a través do programa de economía medioambiental Lug02 contribuíu a crear 5 empresas, que crearon uns 20 empregos, e a achega 350.000 euros anuais para os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), que garanten a contratación de 80 traballadores.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



