No pleno extraordinario celebrado o día 15 de novembro, para a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal Nº 8 da taxa por recollida domiciliaria de lixo ou residuos sólidos urbanos, quedou demostrado que o noso alcalde é un instrumento para actuar de cobrador da Xunta e de SOGAMA.
Hai que explicar que a Xunta de Galicia tomou a decisión de subir un 34% o canon que os Concellos pagan polo tratamento do lixo a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), empresa pública con unha participación dun 51% da Xunta e un 49% de Gas Natural Fenosa.
A xustificación de tal suba e a Lei de Reforma Enerxética aprobada polo goberno de Rajoy, que liquidou a industria eólica galega, impide o desenvolvemento de novas fontes de enerxías renovables e fai inviable a produción para autoconsumo, elimina as axudas para a xeración de renovables e aplica un gravame do 7% a quen produce enerxía por métodos renovables (eólicos, solares, biomasa, etc…)
En teoría SOGAMA transformaba residuos sólidos urbanos en electricidade, como o Goberno Central modificou a normativa, SOGAMA ten perda de ingresos e para compensar esta perda aplica o canon do 34% aos Concellos adscritos (296). Con este canon recádanse 16 millóns de euros a conta dos sufridores veciños dos Concellos. A empresa, para o 2014, pasa a gañar 6.624.160 euros.
Non resulta comprensible, nin aceptable que unha sociedade do sector público autonómico galego como SOGAMA, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, se plantexe, nos tempos de crise, que estamos a sufrir, a prestación dun servizo público, con afán recadatorio, toda vez que o fin da suba non é o de conseguir a simple cobertura de costos do servizo, senón tamén o de xerar uns inxustificados beneficios, beneficios que serían directamente detraídos dos xa moi empobrecidos petos dos cidadáns.
Moitos Concellos de Galicia están a protestar pola suba de taxas, por considerala desorbitada e inxustificada, e que suporá 10 euros para cada familia, menos o Concello de Burela onde o seu alcalde non só non protesta, nin pide explicacións, senón que de maneira sumisa (como é habitual) aplica a suba aos veciños aumentando no recibo do lixo un incremento do 34%.
Este alcalde caracterizase por dúas cuestións basicamente: 1) A subida impecable, ano tras ano, de taxas, prezos públicos e impostos. 2) Antepoñer os intereses e conveniencias do seu partido ós intereses dos veciños de Burela. Como exemplo o acontecido no Pleno Extraordinario que convocou de urxencia para aprobar o canon de SOGAMA cando este aínda non é executivo, xa que logo, trátese de unha proposta de Lei en trámite de discusión e debate en fase parlamentaria que poderá ser ou non modificado, emendado ou anulado. El xa ve a cousa como definitiva e considera que Burela vai ter que pagar mais de 70.000 euros o ano aplicando a suba os veciños fusionando perfectamente os puntos 1 e 2.
O señor Barcia, que vive de titulares empapados en mentiras, non lle interesa a Burela xa que non representa nin defende os intereses do conxunto de veciños. El está para outras cousas.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



