Burela, 12 de novembro de 2013. Máis de 55 demandantes de emprego están anotados para participar nas terceiras xornadas de networking organizadas pola Agencia de Colocación y Empresa de Recolocación de Academia A Mariña que se celebrarán o vindeiro 30 de novembro e que contarán coa presenza de máis de 20 empresas dol territorio galego.
A directora da Agencia Privada de Colocación y Empresa de Recolocación de Academia A Mariña, Raquel Hermida, sinala que “hablar de Networking es hablar de relaciones, de contactos e intereses comunes, de desarrollo, de creatividad, de inteligencia social, de estrategias, de fuerza y esfuerzo, de generosidad, de negocio, de inspiración. Hablar de networking es hablar de personas. Desde la Agencia Privada de Colocación queremos transmitir esta fuerza, estas estrategias e invitamos a participar en estas terceras jornadas de networking, que servirán para fomentar nuestras competencias y para desarrollar lo mejor que llevamos dentro: nuestra marca personal”.
Hermida engade que “con esta estrategia queremos dinamizar nuestro mercado laboral, queremos que nuestras empresas sepan el talento que existe en la zona y queremos que los demandantes de empleo tengan unas buenas herramientas para trabajar su propia marca personal, y poder mostrársela a nuestros empresarios para que si les surge alguna vacante de empleo sepan que aquí también hay talento”.
As terceiras xornadas de networking terán lugar nas instalacións de Academia A Mariña en Burela o 30 de novembro de nove da mañá a dúas da tarde. De 8:30 a 9:00 horas os participantes recollerán o material e as acreditacións. De 9:00 a 10:45 horas desenvolverase unha xornada de traballo denominada Marca personal y comunicación. De 10:45 a 11:00 horas haberá networking entre demandantes de emprego (actividade grupal). De 11 a 12 horas os emprendedores que participan nesta cita ofrecerán unha ponencia aos asistentes e de 12 a 14 horas será cando teña lugar o networking entre os demandantes de emprego e os empresarios.
Aquelas persoas, demandantes de emprego, o as empresas que queiran acudir ás terceiras xornadas de networking de Academia A Mariña poden reservar a súa praza ao largo dos vindeiros días no seguinte número de teléfono: 982 58 25 08 ou enviando un correo electrónico a raquel@amarina.org.





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



