Bo partido o visto no Pavillón Antonio Tarrio na tarde do sábado, onde o Viveiro sumou tres importantes puntos que o permiten seguir na zona alta da táboa da Liga provincial feminina trala quinta xornada da competición.
Os primeiros minutos do encontro foron de pouca intensidade. Os dous equipos, Viveiro e Donapel, parecían ter medo a arriscar en ataque para non verse sorprendidos polas contras rivais, polo que eran momentos de posesións longas por ambos ambos, pero sen apenas ocasións claras de gol.
O decorado cambiou mediada a primeira metade, cando o Viveiro, coincidindo coa entrada en pista da xogadora venezolana Liset, adiantou liñas e comezou a chegar con perigo ante a meta defendida por Carla.
Marta, aproveitando un rexeite tras un tiro ao longueiro de Lis, subiu o 1-0 ao marcador, o que fixo que as xogadoras locais gañaran confianza e pouco antes do descanso acadaran o segundo tanto.
Na reanudación o Viveiro seguiu coa mesma tónica e pronto conseguiu dous tantos máis que parecían deixar sentenciado o encontro, pero foi ahí cando, incomprensiblemente os nervos pareceron atenazar as xogadoras locais o que fixo que primeiro, nunha xogada desgraciada a saída dun corner Lis marcara en propia porta, e de novo, á saída doutro saque de esquina o Donapel puña o 4-2 no marcador, ante un Viveiro desconcertado e incapaz de combinar máis alá de dous pases seguidos.
Nos últimos minutos o Viveiro voltou a asentarse na pista e nunha bonita xogada de combinación a un toque acadaba o 5-2 que sería definitivo.
A vindeira fin de semana o Viveiro desprázase a Sarria para xogar contra o Marquesado FS.
Viveiro: Diandra, Xiana, Nerea, Raquel e María. Tamén xogaron: Marta, Andrea, Mery, Lorena e Lis.
Donapel: Carla, Nuria, Elisa, Akira e Nuria. Tamén xogaron: Eva, Noelia e Verónica.
Polo Viveiro marcaron María (2), Xiana, Marta e Mery
Polo Donapel marcaron Lis (pp) e Eva.