Lugo, 4 de novembro de 2013. Antonio Veiga anunciou o apoio da Vicepresidencia da Deputación á iniciativa que xurdiu o pasado 26 de outubro na asemblea celebrada en Riotorto onde se reuniron desde colectivos sociais, colexios profesionais, plataformas en defensa da sanidade, ata concelleiros de diversas cores para buscar unha solución ao copago de fármacos de dispensación hospitalaria imposto polo Goberno do Estado e aplicado pola Xunta de Galiza
A día de hoxe, as distintas asociacións están reuníndose para preparar distintas mobilizacións para reclamar unha solución ao copagamento farmacéutico; moitas delas terán lugar o vindeiro venres 8 de novembro nos hospitais públicos da provincia de Lugo.
“Queremos manifestar a nosa solidariedade e o noso apoio a todos eses colectivos que traballan a prol dunha sanidade pública gratuíta e universal, e nese sentido ratificar o noso apoio e todas as medidas que sexa necesario adoptar”, concluíu Veiga.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



